Mostrando entradas con la etiqueta O recuncho dos libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O recuncho dos libros. Mostrar todas las entradas

22 mar 2017

O descoñecido



O DESCOÑECIDO

“O descoñecido” é unha película de suspense e acción na que Carlos, un executivo da banca, se levanta pola mañá como calquera día para levar os seus fillos ao colexio. Cando está conducindo, con eles dentro, recibe una chamada nun móvil que alguén puxo no seu coche. A persoa no outro lado da liña dilles que teñen unha bomba no asento, e que se baixan do coche, estoupará. Esta misteriosa persoa só deterá a conta atrás do explosivo a cambio dunha boa suma de diñeiro. O noso protagonista, interpretado polo gran actor galego Luis Tosar, pasará a película tratando de conseguir (sen se levantar do asento) esa gran cantidade de cartos.
 
O descoñecido é unha película que mantén o suspense e a atención do público en todo momento. Está rodada na Coruña e contén algunas escenas dignas de ver. Pareceume un gran filme, non só polo seu reparto senón tamén polo guión e a realización. Ademais, ten un final inesperado que paga a pena ver. 

¡Invítovos a todos a que a vexades e a que a xulguedes vós mesmos!

Iria Febrero Cadenas 2 S

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Creo que é certo que aos mozos de hoxe en día cústanos un pouco máis coller un libro e lelo, a min tamén me custaba bastante. Se non vos considerades lectores o meu consello é ler esta entrada porque atoparedes o pílula para que lle collades gusto aos libros.

Para que che gusten o único necesario é encontrar ese libro co que non poidas parar de ler, que sintas o mesmo cos protagonistas, que necesitas saber o final pero non queres que acabe. E para iso aquí vos traio algúns dos libros que máis me marcaron.

E polo contrario se te consideras lector, creo que deberías lela xa que compartirei uns libros cos que gocei moitísimo a lectura.

A miña afección comezou cando tiña doce anos e atopei un libro chamado “Divergente”, escrito por Veronica Roth. É un libro moi ameno, engancha dende a primeira palabra ata a última. As personaxes son verdadeiramente incribles. A historia distópica cóntanos como Tris, a protagonista, vai superando unha serie de feitos que lle afectan directamente xa que ela non é coma os demais.
Recoméndovos tanto o primeiro libro, como a saga completa. Está chea de acción, misterio e todo cun chisco de romance.

Estívenlle dando moitas voltas sobre si pór esta saga aquí, xa que xera moita polémica. Dise que é machista, e na miña sincera opinión, en partes pode que o sexa. “After”, escrito por Anna Todd é unha saga de cinco libros que nos conta a historia de Tessa, unha rapaza que comeza a Universidade, e alí coñece a un rapaz. Sigue os típicos rasgos dunha historia feita para a mocidade. Non son libros moi bos, literariamente falando, pero os dous primeiros engancháronme. Creo que a partir do “3. After en Mil Pedazos”, a saga empeza a decrecer e vólvese monótona e aburrida, por non falar do “4. After Amor Infinito”, que non me gustou para nada, unha saga así, non merece ese final. O último libro é “0. After antes de ella”, este é unha precuela que non creo que mereza a pena ler.
Pero invítovos a lelos e que formedes unha opinión sobre eles, a ver que vos parecen.

Como recomendei soamente escritores ingleses, por último entro no noso país para falarvos de Javier Ruescas,  que é un escritor de 29 anos que leva escribindo dende moi novo e agora ten case vinte libros publicados, e moitos máis escritos.
Os que eu lin son historias curtas e amenas. Estou a falar de “Pulsaciones”  e “Latidos”, que están escritos tamén por Francesc Miralles. Que teñen de interesante estes libros? Que son historias independentes que comparten algunha que outra personaxe, e están escritos completamente a base de mensaxes coma os de Whatsapp. Pódense ler nun día, e pódese dicir que o tema principal en ambos é o amor.


Espero que vos gustase e teñades en conta estes libros para elixir a vosa próxima lectura.

Paula Alfonsín Suárez 3ºB

14 mar 2017

As bruxas
Roald Dahl



O AUTOR



Roald Dahl naceu en Gales, Reino Unido, o 13 setembro 1916 e morreu o 23 novembro de 1990 en Inglaterra. Os seus pais eran noruegueses e escolleron o nome Roald en recordo de Roald Amundsen, o primeiro home que logrou chegar ao Polo sur.

Cando acabou os seus estudos, comezou a traballar nunha empresa de aceite en Tanzania.  En novembro de 1939 uniuse á Royal Air Force e loitou na Segunda Guerra Mundial.

Comezou a escribir en 1942, cando estaba en Washington traballando nunha misión diplomática. Tivo moito éxito como escritor para nenos e adultos. Os seus libros para nenos foron escritos dende o punto de vista dun neno e recollen moitos aspectos autobiográficos.

Algúns dos seus libros máis coñecidos son: “James e o melocotón xigante”; “Charlie e a fábrica de chocolate”, “Matilda” ou “As Bruxas”.

O LIBRO
O libro relata a historia dun neno orfo que vive coa súa avoa e que descobre o mundo das bruxas, as cales detestan os nenos porque lles cheiran mal. Seguindo as pistas que lle dá a súa avoa para identificar ás meigas, o neno descobre unha reunión encuberta delas á que asistía a Gran Bruxa pero é descuberto e convérteno en rata. A avoa logra quitarlle o feitizo e xuntos tratarán de enfrontarse ás feiticeiras que pretenden converter en ratos a todos os nenos.

A MIÑA OPINIÓN
Descubrín a Roald Dahl a través dun fragmento da obra “As Bruxas” que viña nun libro de texto de 1º da ESO. Quedei con ganas de ler o libro enteiro e fun mercalo á libraría. A miña sorpresa foi comprobar que varias das súas obras estaba traducidas ao galego e decidín comprar “As bruxas” na súa versión galega.

O libro é de fácil lectura, ten moito sentido do humor e conta moitas aventuras. Cando empezas a lelo desexas continuar lendo ata o final.

Gustoume tanto que despois lin do mesmo autor “Danny, o campión do mundo” e no pasado Nadal regaláronme “Charlie e a fábrica de chocolate”.

O certo é que como todo os libros que lin de Roald Dahl están en lingua galega para min é como se o autor británico tamén fose galego.


5 mar 2017

O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN O LADRÓN DE SOÑOS

O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN
O LADRÓN DE SOÑOS
Fernando M. Cimadevila

RESUMO
Este tomo é o primeiro dunha triloxía sobre a vida dun profesor chamado Basilius Hoffman, que é un historiador e arqueólogo, no seu día a día; pero ten unha dobre vida como cabaleiro dun mundo oculto e máxico no que o profesor intenta desvelar os seus segredos.
Leva unha vida solitaria e independente ata que chega o seu sobriño Peter á súa casa para pasar con el as vacacións de Nadal. A partir de aquí as súas vidas únense nun mesmo destino que os levará xuntos nunha viaxe á procura do lendario “Diario do Cartógrafo” descubrindo cidades perdidas, sociedades secretas e misteriosas criaturas que teñen vida no profundo da noite.

VALORACIÓN
Gustoume moito porque trata dunha historia dun neno duns 13 anos que xunto co seu tío viven aventuras nun mundo máxico, cheo de fantásticos seres difíciles de imaxinar.
Recomendo lelo porque se pasa moi ben imaxinando as aventuras e os mundos nos que lles ocorren; é tan bonito e chulo o que lles ocorre a Peter e máis o seu tío que cando rematas de ler éntranche ganas de ler a segunda parte “Un faro na escuridade”, que é tan alucinante coma este.


Martín Cancela Lomba
      2ºS-ESO

8 abr 2015

Visita de Fina Casalderrey

Nesta segunda avaliación, os alumnos de 3º lemos A Pomba e o Degolado, unha obra moi interesante escrita por Fina Casalderrey. A autora veu visitarnos  para contarnos emocionantes historias sobre a súa vida e relatarnos dalgún xeito a orixe do libro e en que se inspirara. 
A charla comezou cunha presentación sobre a autora feita por dúas alumnas do noso curso: Alejandra e Desi que cometeron un erro moi divertido, xa que falaron do seu marido tratándoo de “amigo”. 
Despois disto, Fina comezou a falar, e polo menos a min, enganchoume tanto coma o libro. Foi moi graciosa, xa que xuntaba as súas incribles historias  con bromas moi simpáticas polo medio. Esas horas estiveron cheas de anécdotas sobre a súa vida, unha delas foi a dun rapaz do seu antigo colexio, que ten unha certa semellanza cun dos protagonistas da historia. Este mozo, ao ter unha vida persoal complicada debido aos problemas que tiña a familia, ao redactar unha cousa, sempre escribía a mesma tráxica historia: a súa.
Despois de todo isto, quedounos un tempo para poder facerlle unhas poucas preguntas sobre o libro. Por último, e xa para finalizar, Fina asinou a todos os alumnos e alumnas que quixeron cadanseu libro.           

Gabriel Barreiro Rivera 3ºA 

26 mar 2015

UNHA ESTRELA NO VENTO



Que dicirvos deste libro? A min encantoume e volveríao ler sen problema, xa sexa polo drama, a realidade ou o amor; ou polas pelexas, a rivalidade e o sufrimento;  nel podedes atopar temas así de  diferentes, atractivos para todo tipo de persoas.


Miguel Foz é un rapaz vigués de 17 anos, que tras unha malleira planifica, xunto aos seus amigos, unha pelexa para vingarse da banda do Bruto. Ao mesmo tempo o seu curmán Abel vaise vivir con el, os pais do protagonista sepáranse e o rapaz coñece a Reina, unha moza da que se namorará. 
Todo isto fai que cambie a forma de velo todo, ata que o día do enfrontamento sucede algo inesperado que marcará un antes e un despois na súa vida. 
Se estades interesados nesta historia e tedes curiosidade por saber como remata  premede aquí e veredes o traballo completo que vos dará algunhas pistas:traballo

Nuria González Iglesias 3ªC

9 mar 2015

REO

Este libro conta a historia dun rapaz afeccionado ao graffiti, o seu alcume, Reo, non sabemos nada máis...
Reo está nunha crew chamada A-100, que vai celebrar un concerto cun final inesperado. Pero isto non é o único que ocorre ao longo da historia, Reo axuda a unha compañeira de clase, chamada Cora, a que non volva ao Brasil co seu pai, e marchan a Madrid para intentar que ela quede a vivir cunha prima súa.
Nesta obra aparece por un lado o graffiti como un modo de expresión e crítica ante a sociedade e por outro o graffiti como vandalismo, "o pasatempos duns desvergoñados". 
É un libro que me pareceu moi interesante porque está ambientado nunha época actual e pola historia persoal do protagonista que  ao ser un rapaz novo ben podía ser calquera do noso instituo.
Recomendaríallo á xente que estea interesado en temas relacionados co graffiti.

Para ver o meu traballo completo preme aquí

Roque Mayo Esperante 3º C



17 jun 2013

E Xoel aprendeu a voar

      

 Xoel é un neno de 13 anos que pasa a súa vida diante das pantallas da PSP e do ordenador. Un día recibe un correo asinado co alcume 
de Merlo Branco, no que lle di que deixe de ser un abúlico. Xoel ao principio réstalle importancia aos correos que lle envía aínda que máis adiante comeza a realizar, cos seus amigos, os retos de Merlo Branco, coma no que tiñan que ir á tumba de Moore e alí facer unha serie de accións. Finalmente conseguen realizar todos os retos e decátanse de que Merlo Branco era o avó de Xoel, grazas a unha mensaxe que leva o Blackbird (a avioneta do seu avó).
 Gustoume bastante este libro, porque ten moitos toques de humor e podes aprender varias palabras, xa que ten un vocabulario variado.
Recoméndollo a nenos de máis de 12 anos porque é longo.

 Leo Cendán Malingret. 1ºR.

12 jun 2013

Lúa do Senegal

Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustracións: Marina Seoane
Editorial:  Edicións Xerais
       
 Khoedi, unha nena de 10 anos, emigra coa súa nai e a súa irmá a Vigo, deixando atrás toda a vida que tiveron no Senegal. En Vigo agarda por eles o seu pai, Madou. Khoedi
experimenta moitas novas sensacións antes do comezo do curso escolar. Durante estes días axúdase da Lúa para superar as súas teimas e penas, xa que a Lúa e o único que teñen en común os dous países. Finalmente chega o primeiro día de colexio e comproba que  non é tan malo como lle dicían.
 Gustoume moito este libro, porque me dei conta do difícil que é a vida de moitos inmigrantes africanos. Tamén me decatei de que hai moito racismo no mundo e da importancia que ten ser respectuoso. Recoméndolle este libro a nenos, rapaces e adultos.

 Leo Cendán Malingret. 1ºR.

Vento galerno


Autor: Antonio Yáñez Casal

O libro trata dun rapaz dunha vila que quedou cos amigos para pescar, pero métese nun bote e queda durmido. Cando esperta está no medio do mar, sen terra á vista, pasados uns días chega a unha illa estraña...
A obra gustoume moito porque ten algúns aspectos interesantes, e aínda que os habitantes do sitio din cousas sen sentido ás veces falan con moita intelixencia, por exemplo, di Miro, o protagonista : “E para que queredes contar o número de cangrexos da illa?” e respóndenlle: “Para saber cantos hai”. 
Ademais aquela é unha vida diferente e máis divertida, os traballos cámbianse cada día e ti non sabes cal será o teu mañá.

Ramón Daniel Regueiro Espiño, 2ºS

9 abr 2013

Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches

TODAS  AS  RESPOSTAS   ÁS  PREGUNTAS  QUE NUNCA  TE  FIXECHES

 É un libro que conta con 95 preguntas e as súas respostas. Os temas máis utilizados son o deporte, os inventos, os animais e a literatura. Ten un gran sentido educativo xa que aprendes moitas cousas. É aconsellable para os maiores de 10 anos que teñan ganas de saber un pouco máis.  Gustoume moito, é moi gracioso e podes lelo nun par de horas. Asómbranme detalles como que antes da invención do papel hixiénico tiñan que utilizar serraduras de madeira, pedras, area, cunchas... para limparse, xa que terían o traseiro bastante danado!! O que máis me gustou foi unha pregunta na que dicían se realmente as espinacas tiñan tanto ferro; a reposta vaite deixar abraiado... Ao contrario do que se adoita crer, as espinacas non  conteñen tanto ferro. Esta idea común é debida a un erro de tecleo! En 1890, un investigador americano examinou a cantidade de ferro que contiña unha folla de espinaca. Obtivo 3,4 mg. por cada 100 gramos de verdura. O problema foi que a secretaria que pasou a limpo as súas notas equivocouse e non puxo a coma, multiplicando por 10 a cantidade de ferro das espinacas. En 1930, uns sabios alemáns corrixiron o erro, pero xa era demasiado tarde; xa crearan Popeye!!!

Leo Cendán Malingret 1ºR.

9 ene 2013

Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches

 Este é un libro que conta 96 preguntas e as súas respostas. Ao mesmo tempo que o meu compañeiro, escollín este libro porque ten unhas preguntas moi interesantes, como por exemplo: "Quen inventou os vaqueiros?" ou "Moitos rañaceos non teñen piso 13. Por que?". Pois a resposta á segunda cuestión explica que o asunto provén dunha superstición relativa á Derradeira Cea.
Recoméndoo aos que se sintan atraídos por averiguar as respostas a certos feitos que se nos  presentan no noso día a día e aos que lles interese ampliar os seus coñecementos sobre determinadas tradicións e culturas.

De entre todas as respostas, coas que máis aprendín e as que máis me gustaron foron: Cortar a ensalada co coitelo é de mala educación porque en épocas antigas a maior parte das vaixelas eran de prata; os croissants inventáronse en Saint Croix; as espinacas non teñen tanto ferro como se pensa, senón que foi unha equivocación. Como antes non había papel hixiénico, limpámbanse co que houbera ( follas, pedras, pauciños de madeira, etc.)

Gabriel Barreiro, 1ºR

16 dic 2012

Respostas ás preguntas que nunca te fixeches



É un libro que conta con 110 preguntas e as súas respostas. Hai moitas que sería difícil responder, pero algunhas poucas pódense saber. A maioría delas son de humor, e os temas máis utilizados son os animais, o universo e nós, os humanos. É un libro para lectores da miña idade ou un pouco maiores. Recoméndoo a todas as pesoas que queiran saber un pouco máis sobre o que nos rodea.                               

Gustoume moito e ademais aprendín moitas cousas que non sabía. Para mín o máis interesante foi : O 80% da masa total dos animais ocúpanas as lombrigas; as prantas carnívoras poden ter indixestións; unha persoa que vive uns 80 anos dorme 26 anos;  en 1850 en Australia había máis de 1.000.000.000 de coellos; os vasos sanguíneos miden 100.000 Km. de longo; o bambú pode medrar máis dun metro nun día; as aguias poden ver un coello a 3 Km. de distancia.

Leo Cendán Malingret 1º R.


18 jun 2012

Chámademe Simbad
Francisco Castro

Paulo ten un avó que está enfermo e sempre xogan xuntos ós mariñeiros.Un día marchou da casa e o neno intentou adiviñar onde se podía atopar.Grazas a unha serie de preguntas que lle fixo aos pais e cousas que encontrou achegábase cada vez máis a descubrir que pasara.
Unha das pistas máis importantes foi a carta que Paulo cría que lle mandara na que poñía A Taberna do Pirata.
Uns días despois encontrou unha caixa de madeira escondida no cuarto de avó que contiña unha tarxeta do enderezo desa taberna.Esa foi a pista definitiva que levou a Paulo ata él e ata a resposta de porque escapara.
Este libro trata da historia da súa desaparición e da intención dos pais de Paulo de metelo nunha residencia porque non podían coidalo.
O autor intenta transmitir o amor de Paulo polo seu  avó e que debemos entender que lles pasa ós enfermos Alzhéimer.
Con este libro aprendín que porque unha persoa estea enferma hai que querela igual e non importa o que faga ou como se comporte.O pai de Paulo sempre estaba pendente do traballo e non lles facía caso a Paulo nin ao avó e descubriu que o que importa é a familia.
Gustoume todo,en xeral,especialmente os pensamentos e as frases de Paulo que resultaban graciosas.

                     
                     BRAIS BARRAL     de 1º ESO

30 may 2012

Lúa do Senegal

Escritor : Agustín Férnandez Paz
Ilustradora : Marina Seoane

Khoedi é unha nena de dez anos que vive coa súa irmá Naima e a súa nai Aminata no Senegal. O seu pai emigrou a Vigo, e posteriormente farano elas para vivir todos xuntos, nunhas mellores condicións de vida. Neste novo lugar enfrontarase a diversos problemas como: a adaptación á escola, a desigualdade de oportunidades, a lingua... A nena reflexionará sobre estes temas coa Lúa xa que non pode contarllo a súa familia porque senón preocuparíaos.
Este libro é moi interesante xa que reflexiona sobre un aspecto moi importante da vida actual: a emigración.
O ecritor consegue que nos poñamos na pel da familia de Khoedi e ensínanos que se nun momento dado temos a oportunidade de tratar con persoas inmigrantes o fagamos de maneira axeitada.
É moi bonita e emotiva a relación que teñen Khoedi e a súa avoa xa que as dúas comparten a afección de contar historias. Marta Torres, 1ºR

20 abr 2012

O baúl de Wensel: An Alfaya

Este libro trata dun neno chamado Max que vai de vacacións a un pobo descoñecido.
Cando chega os seus pais deixano ir a investigar un pouco o pobo. O primeiro que fai é ir a unha tenda de antigüidades na que está prohibida a entrada aos nenos, aos animais e aos curiosos. A primeira vez que entra chámalle a atención un baúl e un espello de lúa, pero o dono da tenda, o señor Wensel, bótao.
 Ao cabo dun rato entra un señor moi alto chamado Ulises. Entón Max entra agochado e escondese no interior mentras o señor Wensel e Ulises se sentan a falar. Ao cabo dun rato quedanse durmidos. Despois Max abre o baúl, metese dentro e ve unha historia na que están o señor Wensel e Ulises.


Gustoume moito porque é un bo libro para pasar o rato xa que é moi entretido. Ten algo de misterio, non moito, por que non te esperas o desenlace.
Non é un libro do meu estilo, xa que son moi de lendas e aventuras contra seres miticos ou fantásticos, pero teño que admitir que este libro resultoume fácil de ler e que ten peor pinta por fóra que por dentro.

Así que xa sabedes, se o tedes na casa e non sabedes que facer........ ¡a lelo!


Nicolás Conseil Santiago 1ºR 1

Palabras de Caramelo,Gonzalo Moure.

O libro Palabras de Caramelo trata dun neno chamado Kori que vive nun pobo saharaui.Kori é un neno xordomudo ,polo que lía os labios para saber o que a xente lle decia.
Un día Kori chegou a escola e quixo aprender a escribir a pesar de que fora xordomudo, Kori ía aprendendo moi rápido ata que aprendeu e xa escribía poemas.
O tío de Kori tiña unha camela que estaba a punto de parir.
Cando a camela pariu Kori púxolle o  nome de Caramelo ao camelo recen chegado.
Con el vive momentos moi felices pero tamen momentos tristes.

A min encantoume o libro porque nese libro ensinache como é a vida dun neno xordomudo  e o que ese neno pode chegar a saber e aprender a facer .
                                                           Fides Alende 1ºR

A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS-Teresa González

 Serafina  quería ser equilibrista coa súa bicicleta. O  pai cando era pequena levouna a casa da súa tía Dª Perfecta. A nena levou a súa bicicleta, pero a tía non lle deixaba porque dicía que  non lle gustaba que a súa sobriña fixera equilibrios cunha bicicleta, e díxolle que na súa casa non a ía  ter e que a levara ao taller do vello Elías. Un día foron a casa de Dª Perfecta uns xornalistas para facer unha reportaxe a Serafina. Perfecta cría que querían grabala a ela e púxose moi contenta, pero cando chegou Serafina, os xornalistas empezaron a grabar a súa sobriña e púxose moi celosa e decidiu facer algo malo a súa sobriña para que se sentira moi mal; pensou que podía inventar un rumor que dixera que era unha ladroa e unha meiga.  Serafina  pensaba que a xente a estaba mirando mal porque non estaba peiteada, pero deuse conta que non era certo e que cando pasaba por algún sitio a xente se ía e decidiu irse a vivir a Francia, pero grazas ao seu amigo Elías quedouse.Unha noite uns ladróns foron ao taller do vello Elías para roubar a bicicleta e tirala ao mar, pero Serafina que andaba por alí  descubriunos. A tía Perfecta  enfadouse e decidiu coller ela a bicicleta para tirala pero o vello Elías púxolle uns discos de cando Perfeta era xove e Dª Perfecta decidiu rendirse, ao lembrarse daquela época. Ao final Serafina converteuse en equilibrista nun circo.

Gustoume moito e recomendo este libro a todos porque é moi divertido e pasaredes unha boa tarde léndoo.

                                              Irene Crespo 1ºR