30 may 2012

Lúa do Senegal

Escritor : Agustín Férnandez Paz
Ilustradora : Marina Seoane

Khoedi é unha nena de dez anos que vive coa súa irmá Naima e a súa nai Aminata no Senegal. O seu pai emigrou a Vigo, e posteriormente farano elas para vivir todos xuntos, nunhas mellores condicións de vida. Neste novo lugar enfrontarase a diversos problemas como: a adaptación á escola, a desigualdade de oportunidades, a lingua... A nena reflexionará sobre estes temas coa Lúa xa que non pode contarllo a súa familia porque senón preocuparíaos.
Este libro é moi interesante xa que reflexiona sobre un aspecto moi importante da vida actual: a emigración.
O ecritor consegue que nos poñamos na pel da familia de Khoedi e ensínanos que se nun momento dado temos a oportunidade de tratar con persoas inmigrantes o fagamos de maneira axeitada.
É moi bonita e emotiva a relación que teñen Khoedi e a súa avoa xa que as dúas comparten a afección de contar historias. Marta Torres, 1ºR

Aí van uns cómics feitos por alumnado de 1ºR1.

( Se algúns non se ven moi ben é pola mala calidade dos orixinais)

8 may 2012

Cando ti volvas

Poema de Valentín Paz Andrade dedicado ao seu amigo Castelao.

Letras galegas 2012

Este é o excelente traballo realizado por Luís Aldegunde (CPI Os Dices de Rois) e Sara Paz (CPI de San Vicente da Baña) para que coñezades o autor homenaxeado este ano o día das Letras Galegas: Valentín Paz Andrade.

4 may 2012

Galicia

Este poema chámase Galicia e  gústame por que fala da miña terra. Por certo se o escoitades baixade o volume da música. Facédeme caso.
Feito po Nicolás Conseil Santiago 1R 1