22 mar 2017

O descoñecido



O DESCOÑECIDO

“O descoñecido” é unha película de suspense e acción na que Carlos, un executivo da banca, se levanta pola mañá como calquera día para levar os seus fillos ao colexio. Cando está conducindo, con eles dentro, recibe una chamada nun móvil que alguén puxo no seu coche. A persoa no outro lado da liña dilles que teñen unha bomba no asento, e que se baixan do coche, estoupará. Esta misteriosa persoa só deterá a conta atrás do explosivo a cambio dunha boa suma de diñeiro. O noso protagonista, interpretado polo gran actor galego Luis Tosar, pasará a película tratando de conseguir (sen se levantar do asento) esa gran cantidade de cartos.
 
O descoñecido é unha película que mantén o suspense e a atención do público en todo momento. Está rodada na Coruña e contén algunas escenas dignas de ver. Pareceume un gran filme, non só polo seu reparto senón tamén polo guión e a realización. Ademais, ten un final inesperado que paga a pena ver. 

¡Invítovos a todos a que a vexades e a que a xulguedes vós mesmos!

Iria Febrero Cadenas 2 S

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Creo que é certo que aos mozos de hoxe en día cústanos un pouco máis coller un libro e lelo, a min tamén me custaba bastante. Se non vos considerades lectores o meu consello é ler esta entrada porque atoparedes o pílula para que lle collades gusto aos libros.

Para que che gusten o único necesario é encontrar ese libro co que non poidas parar de ler, que sintas o mesmo cos protagonistas, que necesitas saber o final pero non queres que acabe. E para iso aquí vos traio algúns dos libros que máis me marcaron.

E polo contrario se te consideras lector, creo que deberías lela xa que compartirei uns libros cos que gocei moitísimo a lectura.

A miña afección comezou cando tiña doce anos e atopei un libro chamado “Divergente”, escrito por Veronica Roth. É un libro moi ameno, engancha dende a primeira palabra ata a última. As personaxes son verdadeiramente incribles. A historia distópica cóntanos como Tris, a protagonista, vai superando unha serie de feitos que lle afectan directamente xa que ela non é coma os demais.
Recoméndovos tanto o primeiro libro, como a saga completa. Está chea de acción, misterio e todo cun chisco de romance.

Estívenlle dando moitas voltas sobre si pór esta saga aquí, xa que xera moita polémica. Dise que é machista, e na miña sincera opinión, en partes pode que o sexa. “After”, escrito por Anna Todd é unha saga de cinco libros que nos conta a historia de Tessa, unha rapaza que comeza a Universidade, e alí coñece a un rapaz. Sigue os típicos rasgos dunha historia feita para a mocidade. Non son libros moi bos, literariamente falando, pero os dous primeiros engancháronme. Creo que a partir do “3. After en Mil Pedazos”, a saga empeza a decrecer e vólvese monótona e aburrida, por non falar do “4. After Amor Infinito”, que non me gustou para nada, unha saga así, non merece ese final. O último libro é “0. After antes de ella”, este é unha precuela que non creo que mereza a pena ler.
Pero invítovos a lelos e que formedes unha opinión sobre eles, a ver que vos parecen.

Como recomendei soamente escritores ingleses, por último entro no noso país para falarvos de Javier Ruescas,  que é un escritor de 29 anos que leva escribindo dende moi novo e agora ten case vinte libros publicados, e moitos máis escritos.
Os que eu lin son historias curtas e amenas. Estou a falar de “Pulsaciones”  e “Latidos”, que están escritos tamén por Francesc Miralles. Que teñen de interesante estes libros? Que son historias independentes que comparten algunha que outra personaxe, e están escritos completamente a base de mensaxes coma os de Whatsapp. Pódense ler nun día, e pódese dicir que o tema principal en ambos é o amor.


Espero que vos gustase e teñades en conta estes libros para elixir a vosa próxima lectura.

Paula Alfonsín Suárez 3ºB

Deportistas Galegos

Moita xente di que en Galicia non temos ningún deportista da elite internacional,pero iso non é certo.

No triatlón temos ao pontevedrés  Javier Gómez Noya, o cal ten acadado títulos como o de ser cinco veces campión mundial nos anos 2008,2010,2013,2014 e no 2015. Tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres en 2012.

Por outro lado, no futbol, temos a Lucas Vázquez e a Denis Suárez , que son dúas xovencísimas promesas do futbol español . Lucas Vázquez xoga no Real Madrid, e Denis Suárez no Barcelona.
Con máis veteranía temos a Iago Aspas que é a estrela do Celta de Vigo, equipo galego da Liga Santander , no cal está moi contento. Iago é actualmente un dos máximos goleadores da Liga Santander.

Resultado de imaxes para gomez noya
Javier Gómez Noya
                                                                                     
                                                                                                       
                                                                                                            Jose Manuel Tacón Cristobo 3º B

Alcolitos ( A parodia galega do Despacito)

O outro día na casa dos meus avós andaba mirando videos en Youtube ata que me apareceu este chamado "Alcolitos" a versión galega do "Despacito" e pareceume bastante divertido asi que dixen : por que non compartilo ?
Trata sobre dous homes Berto e Ramón: Berto é un home ao que o preocupan os nosos montes xa que non quedan moitos carballos nin castiros , porén Ramón é un home ao que o preocupan só os cartos e por iso quere poñer eucaliptos, porque dan moitos cartos.

https://www.youtube.com/watch?v=xyyFLbrdaDg

20 mar 2017

O curioso incidente do can a media noite

Mark Haddon

Christopher Boone é un rapaz de 15 anos que padece un trastorno do espetro autista. Unha noite descobre o corpo do can da súa veciña, o que o leva a comezar unha investigación que vai escribindo nun diario. Durante a historia resolve o asasinato e descobre cousas inesperadas sobre a súa propia vida.
O libro encntoume pola maneira en que está contado, porque en realidade é o que escribe Christopher, e cando o les sentes perfectmente as súas emocións. Ademais están moi ben descrital algunhas das súas característica especiais como que non pode tcomer diferentes alimentos que se tocaron entre sí. e para rematar é imposible aburrirse léndoo xa que mestura momentos de humor con momentos dramáticos.
Mark Haddon é un escritor do Reino Unido que traballou durante un tempo con xente con trastornos como o de Christopher, dedícase principalmente a literatura xuevenil pero est histori está máis ben destinada a adultos.
Rebeca Göthlin González

Resultado de imaxes para o curioso incidente do can