3 oct 2015

A RAPAZA DO CIRCO I

Andaba como unha tola buscando a alguén que me axudara. Meu pai caera enfermo.
Sentado no banco do parque estaba el, un rapaz de aproximadamente a miña idade. Achegueime e pregunteille por un médico.
Estaba tan alterada que hasta o debín de amedrentar, pois non dirixiu palabra en todo o camiño.
Ao chegarmos,agradecéndolle a súa axuda, convideino a unha sesión do circo, xa que papá me dera unhas entradas para regalar a quen quixese.
Non esperaba a súa presenza,nin moito menos, pero debo recoñecer que me dou moita ansia.
Ao día seguinte díxome de quedar.Aceptei, pois creo que me gustaba, e eu a el tamén.
Dende aquela viámosnos todos os días, quedabamos no río. Faleille de Marsella,a miña terra, e por suposto de Jules, o meu amor do pasado.
Uns días despóis xa todo o mundo sabía que nos viamos ás agachadas, ata seu pai se enfurruñara con el. Aínda así, nada cambiou entre nos.
Eu estaba ensaiando o número da mañá cando oín o meu nome ao lonxe. Corrín o toldo e era el que me chamaba, pedíame que subira ó seu colexio. Que querería? Pois o moi tolo apostara con de quinto!.
Levoume a unha sala, unha especie de laboratorio, e alí ensinoume todo canto había.
Eu quería sorrír pero a noticia que lle ía dar tíñame demasiado aturdida. Costume decirllo, el estaba tan feliz... non quería estropealo todo. Ó fin, solteillo, como unha fría lavazada, díxenlle: Marchamos mañá.
El colleume da cintura e bicoume, pero nese intre entrou o director. A min votáronme do colexio e a el, polo que me dixeron, levarono castigado ao despacho do xefe de estudos e estivo sen recreo todo o trimestre.
Parece mentira, non poder nin me despedir del.
Durante os días seguintes só pensaba nel, en min, no noso, no que perdera para sempre e nunca máis volvería atopar.

           
                                                                                                                    Sara Susavila Redondo 4ºA



A rapaza do circo

A partir da lectura de  A rapaza do circo  de Carlos Casares, dous alumnos de 4ºA, Sara Susavila Redondo e Iago Gracía Hermida escribiron dúas versións moi distintas. Unha baseada no amor verdadeiro e a outra baseada no amor movido por intereses económicos.
Velaí as tedes, a ver que opinades vós:
 Sofía Sánchez-Brunete Facal 4ºA