25 jun 2014

A ponte a Rosalía

 
O alumnado de 3º da ESO fixemos a nosa propia interpretación dun poema de Rosalía. Algúns cantaron, outros fixeron un collage, algún debuxo, ou mesmo unha torta!! Pero, iso si! todo precioso e moi traballado.
Con isto quixemos achegarnos un pouco máis á obra de Rosalía, construíndo unha ponte entre os seus poemas e as creacións da Ponte pedriña... A ponte a Rosalía on PhotoPeach

16 jun 2014

Unha clase maxistral

O xoves pasado, 5 de xuño, na clase de 3ºA tivemos unha visita moi especial...
Despois da cara de sorpresa dos nosos compañeiros e compañeiras, Mar e mais Adela comezamos a exposición que ía tratar da "vida de antes", por iso decidimos traer connosco: a avoa de Adela!! Porque: quen mellor ca unha avoa, que xa viviu tanto e ten tantas experiencias para tratar este tema?




O traballo constaba de catro partes: a primeira trataba da escola. Como era, que se facía, que estudaban. Sorprendeunos moito que tivesen que traballar para a mestra, que tiñan un só libro, o Catón, ou que tivera que escapar da casa ás agachadas pois o pai non lle deixaba ir.
O seguinte apartado falaba do traballo: cando e como se cultivaba e as ferramentas que se utilizaban. Para ilustrar isto último trouxemos un fouciño.
Na terceira parte mostramos como eran as festas. Daquela había máis celebracións que agora, e  a máis importante era o San Xoán. Nesa noite había moitos costumes e supersticións que se seguen conservando.




Por último o tema máis delicioso: a comida! Hoxe en día temos moita variedade e abundancia, e se algo non nos gusta non temos porque comelo, pero antes non era así. E trouxemos a proba dun prato que preparou a avoa: papas de millo. Moita xente non as comera nunca...
O resto do tempo dedicámolo a comer e escoitar. As papas de millo, que tan boas estaban, foron a mellor compaña para as historias que tan sabiamente nos contaba a avoa de Adela. Un remate perfecto para unha clase perfecta!!



 Mar Álvarez e Adela Cebeiro, 3ºA

5 jun 2014


Chafariz

Un día estabamos corrixindo un exercicio cando apareceu unha palabra que non sabía o que significaba. A palabra era chafariz. Ao chegar a casa busqueino no dicionario e isto foi o que atopei:

Fonte cun ou máis pichos por onde sae a auga a chorro.

Roque Mayo Esperante 2º-S

4 jun 2014

Políglota

Esta palabra díxonola a nosa profesora cando falamos sobre Xosé María Díaz Castro,xa que non sabiamos outra maneira de dicir plurilingüe e ela mencionounos esta, que significa: persoa que fala varias linguas.

Nuria 2ºS