25 abr 2013

FLAN DE GALLETA

INGREDIENTES:

- 1 litro de leite. 
- 2 sobres de flan.
- Galletas María.
- Zucre. 
- Caramelo.

PREPARACIÓN :
Diluír o flan nun vaso de leite engadíndolle 2 culleradas de zucre; ferver o resto do leite ,cando está fervendo engádeselle o contido do vaso e revólvese continuamente ate espesar. Nun recipiente bótaselle o caramelo e se lle engade un pouquiño de flan e se pon encima unha capa de galletas.  Engádese outro pouco de flan ,outra capa de galletas e o resto do flan se deixa arrefriar e xa está listo para comer .


Lydia Castro Pedreira, 1ºs

17 abr 2013

ARQUEOLOXÍA DOADA

Mentres estaba ceando escoiteille aos meus pais varias palabras estrañas:

Adro:  patio principal ou o terreo arredor das igrexas. Normalmente, en época medieval usábase como cemiterioFicheiro:Igrexa San Andres de Vea.jpg

Castro:  poboado da Idade do Ferro,prehistórico, da zona noroeste da Península Ibérica.


Dolmen:  tumbas megalílticas e neolíticas colectivas ou individuais


ALFREDO ACUÑA PAZ 1ºS

16 abr 2013

Xacia

Xacia

Mentres estaba na clase de galego chamoume a atención a palabra Xacia. Despois busqueina no dicionario e poñíame que Xacia é un ser fantástico dunha gran beleza, que vive nos ríos e nos pozos.

Vanesa Mahía Paramá 1T1

11 abr 2013

Efixie

Esta palabra chamoume moito a atención. Estabamos na clase de lingua galega lendo un fragmento dun pequeno conto e nunca oíra falar dunha efixie. Na casa busqueino e apareceume o seguinte.

EFIXIE:Representación dunha persoa ou personaxe real, en pintura ou escultura, particularmente dun personaxe relixioso ou,representación do rostro dunha persoa sobre unha moeda ou medalla.

Roselly Camelo 1ºT1    




Fervellasverzas


     
     Desde que escoitei esta palabra quixen saber o seu significado, e cando o vin encantoume porque me sentin bastante identificado e por iso decidín poñela neste blog.
     Fervellasverzas: persoa que nunca está quieta, anda sempre dun lado para outro.
               
            Roberto Gosende 1ºT1

Godello


Cando estaba nunha actividade extraescolar escoitei a palabra godello e non sabía o que era, así que cando cheguei a  miña casa busqueina no dicionario e apareceume: é unha variedade de vide de uvas brancas que se agrupan en acios moi pequenos. Dáse na ribeira do río Sil, principalmente na provincia de Ourense. E agora que xa sei o que é godello sei unha palabra máis en galego.

  Kevin López 1º T1



Fidalgo-a

Esta palabra aprendina na clase un día cando estabamos a ler o texto " A vida en Santa Clara ". Esta palabra impresionoume e por iso quéroa compartir con vós. Este é o significado da RAG :
Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.

 Jorge Hermida Alcobre 1ºT1

9 abr 2013

Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches

TODAS  AS  RESPOSTAS   ÁS  PREGUNTAS  QUE NUNCA  TE  FIXECHES

 É un libro que conta con 95 preguntas e as súas respostas. Os temas máis utilizados son o deporte, os inventos, os animais e a literatura. Ten un gran sentido educativo xa que aprendes moitas cousas. É aconsellable para os maiores de 10 anos que teñan ganas de saber un pouco máis.  Gustoume moito, é moi gracioso e podes lelo nun par de horas. Asómbranme detalles como que antes da invención do papel hixiénico tiñan que utilizar serraduras de madeira, pedras, area, cunchas... para limparse, xa que terían o traseiro bastante danado!! O que máis me gustou foi unha pregunta na que dicían se realmente as espinacas tiñan tanto ferro; a reposta vaite deixar abraiado... Ao contrario do que se adoita crer, as espinacas non  conteñen tanto ferro. Esta idea común é debida a un erro de tecleo! En 1890, un investigador americano examinou a cantidade de ferro que contiña unha folla de espinaca. Obtivo 3,4 mg. por cada 100 gramos de verdura. O problema foi que a secretaria que pasou a limpo as súas notas equivocouse e non puxo a coma, multiplicando por 10 a cantidade de ferro das espinacas. En 1930, uns sabios alemáns corrixiron o erro, pero xa era demasiado tarde; xa crearan Popeye!!!

Leo Cendán Malingret 1ºR.

8 abr 2013

Lontra

Lontra

Unha lontra é un animal mamífero e carnívoro.Vive na beira dos ríos e  aliméntase de peixes.
Este animal esta en perigo de extinción, xa que os cazan para quitarlle a pel.
Aprendín esta palabra fai pouco, eu estaba vendo a tele e sacaron unha.

.

Alba Nerea, 1ºS




Empanada de xamón e queixo

                 EMPANADA DE XAMÓN E QUEIXO




Ingredientes:
Xamón
Queixo
Masa de hoxaldre


Elaboración:
Ponse unha masa de hoxaldre nunha bandexa de forno. Enriba ponse unha capa de queixo, outra de xamón e outra de queixo. Cúbrese con outra masa de hoxaldre e enróscanse os bordes para que non se desfaga. Por último métese no forno durante 30 minutos.


Inés Suárez Alende 1ºS

Axóuxeres

Mentres lía un libro o outro día encontrei un par de palabras que non sabía o que eran:

AXÓUXERE:  Esfera oca de metal ou doutro material, cunha pequena abertura, que leva dentro unha ou varias boliñas e que, ao ser axitada, produce son.


FORAMINÍEROS:Orde de protozoos, xeralmente mariños, que están provistos dunha cuncha calcaria cun ou varios buracos pequenos, por onde emiten delgados pseudópodos para atrapar as súas presas
 E aquí acabo.              Alejandro Braña Tomé 1ºS

Muffins de Chocolate

Muffins de Chocolate


Ingredientes :

230 gr.de fariña de repostería ( eu puxen bizcochona).
50 gr.de cacao sen azucre (marca VALOR).
2 iogures gregos.
150 gr. de azucre.
80 gr. de aceite de xirasol.
2 ovos.
1 sobre de levedo ( se poñedes fariña bizcochona non poñades levedo).
4 culleradas sopeiras de leite.
100 gr. de chocolate en perliñas + unha presada para poñer por riba.

Eu puxen unha pizca de sal, outra de bicarbonato e media culleradiña de canela en po.

Preparación :

Prequentamos o forno a 180º

Mesturamos os ovos, o leite, os iogures e o aceite.

Incorporaramos a mestura dos ingredientes secos que tiñamos reservados.  Removemos coa espátula e incor-poramos as gotas de chocolate.

Poñemos moldes de papel para magdalenas dentro de moldes para muffins. Enchémolos case ata arriba, e axudámonos con dúas culleradas, pois é unha masa bastante densa.

Decoramos con máis pingas de chocolate por  riba  e  metémolos no forno durante uns 25 minutos, 180º calor arriba e abaixo.



Este e o resultado.


María Maneiro 1ºS

A tarta de oreo

                                                A TORTA DE OREO
 A MELLOR TORTA PARA OS LAMBÓNS

 

Ingredientes:
                        - Unha caixa de galletas oreo
                        -  Oitenta gramos de manteiga
                        -  Dúas cuncas de queixo de untar
                        -  Corenta gramos de sucre
                        - Cincuenta miligramos de leite
                        - Catro follas de xelatina neutra
                         - Un pouco de zume de limón
                         - Unha pizca de sal
                         - Douscentos miligramos de nata para montar
                         - Corenta gramos de sucre para montar a nata
Instrucións
  1. Abrimos as galletas e reservamos a crema destas galletas.
  2. Poñémolas na trituradora e triturámolas ata que queden en po.
  3.  Reservamos algo menos da metade.
  4. O resto poñémolo coa manteiga a temperatura ambiente e amasamos para formar a base da torta.
  5. Poñemos esa base no molde desmontable, forrado e presionamos ben.
  6. Gardámolo no frigorífico.
  7. O recheo das galletas co leite, o queixo, o sucre, o zume de limón e o sal poñémolo ao lume  e obtemos unha crema ben ligada.Acordádevos rapaces, o lume moi baixo.
  8. Poñemos a xelatina na agua e logo pasamos a xelatina á crema e ligámola.
  9. Montamos a nata co sucre.
  10. Ligamos as dúas mesturas e pasamos ao molde.
  11. Gardámolo no frigorífico menos de12 horas.
  12. Desmoldámolo e cubrimos a parte de arriba coas galletas trituradas que reservamos.
  13. Servímola ben fría.
É aínda queda un paso, comela ,que iso é o mellor Que aproveite!


Carlos Gómez Pita 1ºS

Torta de cenoura

Aquí tedes unha receita dun dos postres que máis me gustan;

   INGREDIENTES:
2 Tazas de cenoura raiada
1 Taza de fariña (mellor integral)
1 Taza de azucre moreno
1 Taza de froitos secos
1/2 Taza de aceite
2 Culleradas pequenas de levedo
2 Culleradas de canela moída
4 Ovos

 PREPARACIÓN:
Quentar o forno a 170º C.
Bates os ovos con azucre e despois vertes o aceite, a fariña, o levedo e a canela.
Cando está todo mesturado botas a cenoura e os froitos secos no molde.
Déixaa cocer unha hora.

Disfrutádea!





Ada Amigo Arcos 1º S

A Historia de Man.


En Semana Santa visitei unha mostra do encaixe en Camariñas cos meus pais. Alí aprendín a historia de Man.





A historia trata sobre un alemán, delgado, case esquelético, co pelo e a barba longas e sen arranxar; que chegou a Camelle, Galicia, e fixo unha especie de chabola para vivir, xusto ao lado da costa. El construía monumentos con grandes pedras apiladas formando columnas e cadeas, algunhas pintadas de branco e negro.

Pero cando sucedeu o do Prestige todas as súas obras e a súa casa quedaron sumerxidas baixo o chapapote. Man morreu uns días despois, dise que pola  tristeza e pena de ver destruida a costa e as súas obras.


Clara Suárez 1º S.

7 abr 2013

Canteiro




Canteiro é a persoa que traballa a pedra para a construción; poden facer hórreos, cruceiros, fontes, escaleiras, pombais, casas de pedra...

 Escoitei esta palabra cando estábamos en galego falando dos hórreos e gústame moito porque me dá pena que se empece a extingir este oficio moi característico de Galicia.

Helena Fajín 1ºT1


4 abr 2013

Godo

A palabra Godo encontreina nun libro e cando cheguei a casa busqueina no dicionario e apareceume que é un individuo dun pobo xermánico que se estableceu en Italia e España a partir do século III d.C.
Paula Nimué Carías Alvarado. 1T1

 

Abúlico

Ao principio do segundo trimestre o profesor de lingua mandounos ler o libro " E Xoel aprendeu a voar ".
Cando o comecei a ler  non o entendía por unha palabra que se repetía continuamente: " Abúlico/a " . Decidín buscala no dicionario e apareceume o seu significado.

Abúlico / a : Persoa que ten falta de vontade e ten moi pouca enerxía.

O protagonista do libro era unha persoa abúlica, é dicir, que padecía abulimia. Ao rapaz só lle interesaban os videoxogos, o ordenador e comer, e todo o demáis dáballe preguiza.

Deste modo descubrín a palabra " Abúlico "

Carla Gómez 1º T1

Mulido


Resulta que un día ía paseando e unhas veciñas miñas que xa son maiores estaban a falar dun tal ¨mulido¨ . Pareceume un pouco raro e ao chegar a casa busqueino e descubrín que era unha especie de pano que se poñía na cabeza para levar cargas.




Désirée Mosquera 1ºT1

Caxato

O outro día, cando estaba lendo un libro, chamoume  a atención a palabra caxato. Cando a busquei no dicionario atopei o seguinte:pau ou vara con un puño que se leva na man para apoiarse ao andar (bastón).
Pareceume unha palabra ben curiosa e interesante.

Agora xa sei o que significa caxato e sempre que vexa un acordareireme
desa palabra e tamén poderei usala. Gústame porque me parece
unha palabra moi galega,que xa case non se usa polo que
creo que se debería volver a empregar.
                      Víctor López 1ºT1

3 abr 2013

Vocabulario de paxaros




Laverca: Paxaro pequeno de cor pardo terroso e co peito branco.

Xílgaro: Paxaro de cor parda no lombo, co rabo e a cabeza brancos e negros, a cara vermella e as ás negras e amarelas.

Azor: Ave de rapina de cor gris na parte superior e branca na inferior, ollos vermellos e coas uñas e o peteiro curvas e fortes.

Roiseñor: Paxaro pequeno de cor parda máis escura no lombo que no peito.



Xoán Domínguez San José 1º S



Paxaros

Ola!
Aquí tedes algúns nomes de paxaros un pouco difíciles:

VÍCHELOCREGO: pequeno paxariño de cor amarela agás as ás, que son negras.






PERDIZ: paxaro pequeno de cor marrón polo lomo cas ás e co rabo curtos.




CURUXA: paxaro parecido a un moucho pero de cor branca.



BERTA BUENO ALDREY   1S 

Crisol






Crisol é unha cavidade nos fornos que recibe o metal fundido.









BIFACE

Un biface é unha ferramenta lítica prehistórica, a pedra entallábase xeralmente polos dous lados de forma simétrica, polo común coa zona de remate en punta e a base arrondeada; porén hainos tamén con outras formas.



Estas dúas palabras  encontreinas cando estabamos estudando a prehistoria en sociais.


Clara Fraguas.1ºS

Luscofusco


Mentres vía a televisión escoitei esta palabra "luscofusco". Non sabía o seu significado e mireino no dicionario. Isto era o que me apareceu:

Momento do día entre o atardecer e a noite, cando se debuxan  no horizonte as cores da retirada do sol. Agora que xa sei o significado,
podo utilizar esta palabra. Cando veño da al-
dea vexo o luscofusco e é marabilloso, é unha
cousa que me encanta.

Roque Mayo Esperante 1º-T1