
Serafina quería ser equilibrista coa súa bicicleta. O pai cando era pequena levouna a casa da súa tía Dª Perfecta. A nena levou a súa bicicleta, pero a tía non lle deixaba porque dicía que non lle gustaba que a súa sobriña fixera equilibrios cunha bicicleta, e díxolle que na súa casa non a ía ter e que a levara ao taller do vello Elías. Un día foron a casa de Dª Perfecta uns xornalistas para facer unha reportaxe a Serafina. Perfecta cría que querían grabala a ela e púxose moi contenta, pero cando chegou Serafina, os xornalistas empezaron a grabar a súa sobriña e púxose moi celosa e decidiu facer algo malo a súa sobriña para que se sentira moi mal; pensou que podía inventar un rumor que dixera que era unha ladroa e unha meiga. Serafina pensaba que a xente a estaba mirando mal porque non estaba peiteada, pero deuse conta que non era certo e que cando pasaba por algún sitio a xente se ía e decidiu irse a vivir a Francia, pero grazas ao seu amigo Elías quedouse.Unha noite uns ladróns foron ao taller do vello Elías para roubar a bicicleta e tirala ao mar, pero Serafina que andaba por alí descubriunos. A tía Perfecta enfadouse e decidiu coller ela a bicicleta para tirala pero o vello Elías púxolle uns discos de cando Perfeta era xove e Dª Perfecta decidiu rendirse, ao lembrarse daquela época. Ao final Serafina converteuse en equilibrista nun circo.
Gustoume moito e recomendo este libro a todos porque é moi divertido e pasaredes unha boa tarde léndoo.
Irene Crespo 1ºR
No hay comentarios:
Publicar un comentario