31 mar 2012

Cos pés no aire


Daniel, o protagonista , está aborrecido no seu traballo . A súa vida cambia cando descobre que pode elevarse no aire cando el queira . Isto provócalle medo porque se os demais averiguan a súa capacidade poden facerlle experimentos para saber como pode voarou diseccionalo , así que decide gardar o seu segredo. Daniel vai inventado remedios para non elevarse porque ás veces vese metido en problemas e xa non pode controlar cando ascende.
Ó principio pensa que el é o único que se pode elevar ata que coñece a Helena quen lle explica que hai persoas coma eles e iso fai que Daniel se sinta máis tranquilo.

Este libro trata a tristeza de Daniel, logo a súa alegría e tamén a diferencia de capacidades entre persoas.

O autor intenta transmitir que non se teña medo por ser diferente porque encontrarás apoio en xente coma ti.

Con este libro aprendín que ser diferente non é malo.
As partes que máis me gustaron foron aquelas nas que Daniel está contento e tamén cando descobre que non é o único que ten ese poder, e non me gustou a parte na que explica que está triste porque non se sente ben no seu traballo.

A palabra que aprendín foi sobreplantas que eran unhas pesas que colocaba Daniel nos zapatos para evitar elevarse.

Brais Barral Pereira 1º ESO R2

28 mar 2012

Ides ver un vídeo ben divertido, prestade atención:



Ormie from Ormie Pig on Vimeo.

Simpático o porquiño, non si?
Agora tedes que resumir o argumento desta historia seguindo os pasos de sempre: pensar, planificar, redactar e corrixir (ollo ás repeticións e aos castelanismos). Despois poñédelle un título que vos pareza axeitado.

25 mar 2012

Aí vén a rapaza

Agasalláronme cun libro de poesía galega e gustoume este poema.

Brais R. 1ºS

Aí ven a rapaza on PhotoPeach

María Soliña

Escollín este poema porque me dixeron que este ano era o centenario do nacemento do autor, Celso Emilio Ferreiro.
Preferín este porque ten unha historia detrás e ademais era fácil para aprendelo de memoria.


Brais Barral Pereira  1ºESO R2


Maria Soliña on PhotoPeach

21 mar 2012

Ata que o saibas todo



Escritor : Juan Kruz Igerabide.

Ester é unha rapaza de once anos que é cega.
Unha mañá atópase coa desgraza de que os seus compañeiros a informan de que o seu pai está no cárcere porque o acusan de  roubar un banco. Pese a isto ela terá a seguridade de que o pai é inocente e xunto ós seus amigos conseguirá, con astucia e perseverancia, sacar ó seu pai  do engano no que o meteron.

Este libro é moi interesante e emocionante, e recomendable a todos os lectores da miña idade.
Un dos aspectos máis interesantes é como Ester, pese a súa discapacidade, consegue ser unha das persoas clave para sacar ó seu pai do cárcere. Tamén é moi tenra e emotiva a maneira en que os seus compañeirosa a integran no grupo, sen ningún tipo de rexeitamento pola súa discapacidade, e axúdana a sacar ó pai deste engano.

Juan Kruz Igerabide fainos recapacitar sobre o falsas que son as primeiras aparencias xa que a maioría das veces, coma lle ocurreu ó pai de Ester,  levan a enganos.
Marta Torres, 1ºR                                                                  
 


Polifacético

Aprendín a palabra polifacético, quere dicir que é unha persoa que fai varias cousas á vez.
Eu pensaba que a aprenderamos cando estabamos a falar do texto de Romeu e Xulieta, pero pensándoo ben, deime conta de que foi cando falabamos de Castelao que foi unha persoa moi polifacética.

 Uxía Moreira Campos 1ºS

A fala

Escollín este poema, porque un día estudando coa miña madriña, que é profesora de galego, díxenlle se me podía dicir un poema para un traballo da clase, ela ensinoume varios e o que máis me gustou foi este.
Bran Dieguez Rodriguez 1ºS



A fala on PhotoPeach

Un repoludo gaiteiro

Había que escoller un poema en galego sen buscar en internet, e eu atopei este nun libro doutro ano.

Otto, 1ºS


Un repoludo gaiteiro on PhotoPeach

Amieiro: é unha arbore galega, que crece a beira dos ríos.
Aprendín isto o doce de xaneiro no tema tres



Otto, 1º S

O bandoleiro Hupsika



Esta historia narra as aventuras dun bandoleiro. Todo empeza cando un día calquera mentres asalta unha carruaxe, un dos cabaleiros que vai nela, pregúntalle se en vez de ser bandoleiro non lle gustaría facer outra cousa; entón ofrécelle moitos cartos a cambio de salvar a súa filla.

Vive moitas aventuras e Hupsika vese en moitos apuros dos que sae grazas a súa intelixencia. Como no castelo de Cepo de Ferro, na taberna, na feira, cando lle dá co martelo no pé ou cando está na casa do señor e faille crer que é o seu sobriño.

É un libro moi divertido, por exemplo, cando cre que ten os paxaros para cociñalos e comelos e en realidade o que fai é estudalos... e moitas cousas máis.

Aínda que tamén ten algunhas partes que non están tan ben, por exemplo na casa dos campesiños o das pantasmas non me gustou moito, pareceume que a historia non viña moito a conto e tampouco é moi crible que os ladróns crean que Hupsika é unha pantasma.

Suponse que é de aventuras, pero a min máis ben pareceume de risa. Así que se vos apetece rir un anaco...

Otto, 1ºS



20 mar 2012

De balde...

Escollín este poema porque era o máis curto que atopei no libro. Ademais é bastante tétrico,segundo Mariló, e a min gústame as cousas así. A autora é Rosalía de Castro. O libro chámase Follas Novas.
Espero que vos guste a vós tamén.
Estrella Rivas Camino 1ºR2

De Balde... on PhotoPeach

Amor de auga

Fixen o traballo sobre este poema porque o vin no libro e non me complicaba máis.Espero que vos guste algo máis do que me gustou a min.
VANESA

Amor da auga on PhotoPeach

Adios ríos, adios fontes

Este é un poema de Rosalía de Castro que me dicía a miña nai sempre, xa que lle gusta moito. Chámase Adios ríos, adios fontes.
A min tamén me gusta, e epero que o mesmo a vós.

Noelia Iglesias Freije 1ºR2


Adios ríos,adios fontes. on PhotoPeach

LELA

Escollín este poema porque me gustou moito. É un poema moi bonito e convídovos a coñecelo...
Ramón Daniel, 1ºR


Lela on PhotoPeach

Azul

Decidín facer o traballo sobre este poema de Amado Carballo polo axeitado que era para o exercicio e tamén polo seu significado que explica un pouco como é o inverno en Galicia. Espero que vos guste moito
Marta Torres 1ºR

Azul on PhotoPeach

Futbol

Eu elixín este poema sobre o fútbol porque a min é o deporte que máis me gusta e  é o que practico.

Dimitar 1R .


Futbol on PhotoPeach

Galicia

Recordo que nunha noite de Nadal agasalláronme cun libro: "Os soños na gaiola" de Manuel María. Nese libro encontrei un poema: "Galicia". Pareceume moi bonito e espero que a vós tamén.
Marta Eugenia 1ºR


Galicia on PhotoPeach

Mama e papa

Ola! eu elixín este poema porque o aprendín de pequeno e aínda me acordaba del, entón aproveitei..chaoo
MARIANO 1R


Mama e papa on PhotoPeach

Adios ríos , adios fontes

Escollín este poema  porque o escribiu Rosalía de Castro cando ten que marchar de Galicia, e por iso sente morriña, e bota de menos todo a paisaxe da súa aldea, a súa xente, o paxaros que escoitaba ela cando pola mañá se erguía da cama.
O poema tamén o escollín porque mo dixo a miña nai, porque lle gusta moito.

Clara Gómez 1ºS


Adios rios, adios fontes on PhotoPeach

Negra Sombra

Este poema díxomo meu pai, cando era máis novo gustáballe ler poemas e viu o de Negra Sombra que lle encantou. Decidín lelo, e gustoume tanto que o escollín.
Custoume moito buscar as imaxes unha por unha para cada verso, pero conseguino. A canción encántame, o grupo Luar na Lubre ten cancións moi bonitas, eu elixín a de "Memorias da Noite" xa que fala de sombras igual ca no poema.

Uxía Moreira Campos 1ºS




Negra Sombra on PhotoPeach

Monólogo do vello traballador.

Escollín este poema porque mo dixo miña nai e gustoume moito, escribiuno Celso Emilio Ferreiro e atópase no libro " Longa noite de pedra". Trata dun señor que está ao sol e comeza a lembrar como fora a súa vida. El traballou moitos anos para un patrón e a cambio non recibía practicamente nada. O patrón está rico á súa conta e o señor está vello de tanto traballar, e mentres toma o sol espera a morte...
Mariña Rodríguez Gómez 1ºS


Monólogo do vello traballador on PhotoPeach

Poemas

Esta semana imos colgar no blog os traballos que fixemos na clase de galego: poemas, fotos e música... Vanesa, xa entendiches ben o da finalidade estética?
Di Mariña que como comezou a primavera é esta unha boa maneira de celebralo, tamén o é para conmemorar  o Día Mundial da Poesía.
Pois a celebralo coas nosas obras de arte!!:

8 mar 2012

Poema de Rosalía

Tedes xa o material seleccionado para o exercicio da próxima semana?

Déixovos unha mostra do que podedes facer: un poemiña de Rosalía para conmemorarmos o día da muller.


Daquelas que cantan. Rosalía de Castro on PhotoPeach

Día da muller







Alguén sabe por que se celebra o oito de marzo o día da muller?

7 mar 2012

Chamádeme Simbad


Autor: Francisco Castro
Ilustrador: Manel Cráneo

Este libro trata sobre un neno chamado Paulo, ten unha familia na que o seu pai sempre está falando por teléfono e o seu avó fai unhas cousas moi raras.
A Paulo chámanlle Simbad O Mariñeiro, el e mailo avó sempre andan a xogar aos piratas por toda a casa. No xogo hai uns personaxes malvados chamados filibusteiros.
Un bo día o avó desapareceu, non se sabía a onde fora ata que Paulo averiguou que marchou da casa porque querían levalo a unha residencia, xa que tiña alzheimer.
O avó mandoulle unha carta dicindo que o buscara na Taberna do Pirata, tamén había unha chave. Paulo non sabía como chegar.
Terá que investigar moito para atopalo e impedir que vaia á residencia.

Esta historia é moi divertida, xa que os personaxes viven unha gran aventura a través do humor. Recoméndolla a todos os nenos/as da miña idade.
O autor intenta transmitir que aínda que as cousas se poñan feas, coma a enfermidade do avó, e aínda que non teñan solución, é mellor estar unidos a que apartalas da túa vida. Isto é o que aprendín deste libro.

A parte que máis me gustou desta historia foi cando Paulo atopa varias pistas que lle axudan a chegar á Taberna do Pirata, porque é unha aventura fascinante na que non se rinde por nada do mundo.
Polo contrario o que menos me gustou foi o principio deste libro, porque só fala do pai que sempre fala por teléfono.
   Uxía Moreira Campos 1ºS

4 mar 2012

Ás de moscas para Anxo



Este conto relata a historia dunha rapaza chamada Estrela. Esta rapaza ten unha deficiencia mental. Cambiou de colexio e os seus compañeiros pensaban que estaba algo tola, pero pouco a pouco fóronse dando conta do seu problema, e xa comezaron a xogar con ela.

A Estrela ensináronlle a facer cousas que non sabía, ensináronlle a mentir, defenderse, e sobre todo a non crer todo o que lle dicían.

Un día o profesor mandoulles facer a todos unha redación sobre os secuestros. Todas eran moi graciosas. Cando Estrela leu a súa, os compañeiros víana que estaba algo estraña, e ela dicía que seu pai estaba secuestrado. A redación de Estrela foi a mellor e decidiron publicala no xornal.

Ó día seguinte a nai de Estrela foi toda asustada ó colexio porque non sabía onde estaba. Todo o mundo estaba moi preocupado. Todos colaboraron coa policía para buscala. Se queredes saber onde estaban en realidade o pai de Estrela e Estrela, xa sabedes... tedes que ler este libro!

Este libro non me gustou moito porque me pareceu bastante aburrido, todo menos o final e algunhas cousas en concreto. Comparado con outros libros que lin, este foi un dos que menos me gustou.

A mellor parte foi o final porque ten algo de aventura cando intentan encontrar a Estrela, e tamén me gustou cando leron as redaccións sobre os secuestros.

Mariña Rodríguez Gómez 1ºS

Obscenidade

Esta palabra significa algo de mal gusto, case sempre é algo referente ao sexo. Aprendina cando Mariló colleu unha nota que tiña XXXXXX , e dixo que esa nota estaba chea de obscenidades, e explicounos que significaba. Recórdoa pola cara que lle quedou a XXXXXX.

Ramón Daniel, 1ºR

O meu Entroido

O sábado fun ver os felos de Maceda, que son parecidos aos peliqueiros só que cambia a carauta, nos felos só hai animais que habiten a zona. As medias, nos felos son negras, e nos peliqueiros brancas, e os de Maceda levan un caxato mentres os peliqueiros de Laza un látego.

Ademais estiven en Verín, pero non puideron estar os cigarróns.

O domingo fun ao folión de Viana do Bolo, unha festa na que a xente de cada parroquia se xuntaba e marchaban pola vila cun ritmo. Despois había que ir tomar a androlla, pero o concello suspendeu o reparto e tiven que ir comela a un bar.

O luns foi o mellor día, pola mañá a farrapada de Laza, que consiste en tirarlle farrapos enlamados á xente do outro bando. Tamén había unha bañeira onde metían a xente que escapaba dos farrapos. Pola tarde estiven na fariñada en Verín, unha festa na praza da vila que consiste en embadurnarlle a cara con fariña á xente.

Esa noite fun a Oímbra, unha vila cerca de Portugal, e alí era moi divertida a festa. Os veciños abren as súas adegas e convidan a viño e comida (empanada, chourizo, bica.... Hai moitísima xente indo de adega en adega, comendo e bebendo, e a graza está en que nalgunha casa pechan a porta coa xente dentro e bótanche formigas ou auga.

Ramón Daniel, 1ºR