19 dic 2012

Vocabulario variado

 xDxDxDxDxDxDxDxDxDxDxDxDxDxD 

Ola! 

Aquí vén todo o meu vocabulario do 1º trimestre:

  • Cachola: cabeza (referido ao porco).                                                                                           


  • Baloucazo: torta, golpe, labazada...
 















  • Sona: fama.


  • Matíns: primeiras oracions da mañá (na cultura relixiosa).





  • Frangulla: miga do pan.
 
  • Recuar: andar cara atrás, retroceder.
 
  • Epistolar: xénero literario que ten que ver coas cartas.


  • Autosuficiente: por ti mesmo.



    • Mol: brando.



    • Omni: todo.










    •  Verosímil: Que parece verdade:
    •  Vero: verdade.
    •   Símil: parecido.




     
     
     
     
     
     
     








    Testemuño: relato dos feitos. 
    Testemuña: persoa que presencia os feitos.


    Estas dúas últimas palabras sairon un día porque ocorreu unha pelexa no corredor e unha nena da miña clase contounos o que pasou.


    NENA: testemuña
    RELATO DA PELEXA: testemuño






                                                                         
     

      FERNANDO GONZÁLEZ-CRIADO LEYRA  DE 1ºR






        16 dic 2012

        Respostas ás preguntas que nunca te fixeches



        É un libro que conta con 110 preguntas e as súas respostas. Hai moitas que sería difícil responder, pero algunhas poucas pódense saber. A maioría delas son de humor, e os temas máis utilizados son os animais, o universo e nós, os humanos. É un libro para lectores da miña idade ou un pouco maiores. Recoméndoo a todas as pesoas que queiran saber un pouco máis sobre o que nos rodea.                               

        Gustoume moito e ademais aprendín moitas cousas que non sabía. Para mín o máis interesante foi : O 80% da masa total dos animais ocúpanas as lombrigas; as prantas carnívoras poden ter indixestións; unha persoa que vive uns 80 anos dorme 26 anos;  en 1850 en Australia había máis de 1.000.000.000 de coellos; os vasos sanguíneos miden 100.000 Km. de longo; o bambú pode medrar máis dun metro nun día; as aguias poden ver un coello a 3 Km. de distancia.

        Leo Cendán Malingret 1º R.


        Miolos

        
        Impactoume esta palabra, cando escoitei o significado vin un cerebro na miña mente e por iso xa non me vou esquecer dela.

        Leo Cendán 1ºR.
        
         

        9 dic 2012

        Celso Emilio Ferreiro


        Recuperamos dous traballos dos que fixemos o curso pasado sobre Celso Emilio Ferreiro:

        Monólogo do vello traballador on PhotoPeach


        Non, poema de Celso Emilio Ferreiro on PhotoPeach

        8 dic 2012

        RecitandoCelsoemiliO


        Aquí tedes un video do Obradoiro de expresión plástica do IES As Barxas.

         Espero que vos guste!
        Mar Álvarez Rama, 2ºR


        RecitandoCelsoemiliO

        Para renderlle homenaxe ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro ao cumprirse o centenario do seu nacemento  a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) organiza un acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962). A actividade realizarase o día 12 do 12 ás 12h. Animádesvos??
        Esta é a letra do poema:

        Deitado frente ao mar
        Lingua proletaria do meu pobo,
        eu fáloa porque si, porque me gosta,
        porque me peta e quero e dáme a gana;
        porque me sai de dentro, alá do fondo
        dunha tristura aceda que me abrangue
        ao ver tantos patufos desleigados,
        pequenos mequetrefes sen raíces
        que ao pór a garabata xa non saben
        afirmarse no amor dos devanceiros,
        falar a fala nai,
        a fala dos avós que temos mortos,
        e ser, co rostro erguido,
        mariñeiros, labregos da linguaxe,
        remo i arado, proa e rella sempre.
        Eu fáloa porque si, porque me gosta
        e quero estar cos meus, coa xente miña,
        perto dos homes bos que sofren longo
        unha historia contada noutra lingua.
        Non falo pra os soberbios,
        non falo pra os ruíns e poderosos,
        non falo pra os finchados,
        non falo pra os baleiros,
        non falo pra os estúpidos,
        que falo pra os que aguantan rexamente
        mentiras e inxustizas decotío;
        pra os que súan e choran
        un pranto cotidián de bolboretas,
        de lume e vento sobre os ollos núos.
        Eu non podo arredar as miñas verbas
        de tódolos que sofren neste mundo.
        E ti vives no mundo, terra miña,
        berce da miña estirpe,
        Galicia, doce mágoa das Españas,
        deitada rente ao mar, ise camiño...

        5 dic 2012

        Espaguetes "Estilo Milladoiro"

        Ingredientes (4 persoas):
        500 g. de espaguetes
        4 salchichas frankfurt
        500 g. salsa de tomate (pode ser salsa napolitana)
        2 latas de atún (pode ser natural, con aceite...)

        Preparación:
        Colles unha pota, énchela de auga e deixas ferver 5ou 6 minutos, aproximadamente.
        Logo metes a pasta (podes cortala á metade). Se queres que che quede "ao dente" 8 minutos a ferver e normais 10. Cando pase ese tempo pos a pasta no coador e na pota botas unha gotiña de aceite. Cortas as sachichas en rodas non moi gordas para que douren, logo vén o atún, a salsa de tomate mesturas cos espaguetes e... Feito!!!    

        José Manuel Portos. 2ºESO, R
         

        Pavía


        A pavía e un froito carnoso de pel laranxa e aterciopelada, pexego.


        Aprendin esta palabra cando estabamos na clase de galego dando os campos semánticos e as familias léxicas. A nosa profesora púxonos de exemplo de campo semántico a froita: laranxa, maza, plátano, pavía... E eu non sabía o que era unha pavia, pregunteille e quedei moi sorprendida de que pavía fora un pexego!

        Carolina Gómez, 1ºESO, R