9 abr 2013

Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches

TODAS  AS  RESPOSTAS   ÁS  PREGUNTAS  QUE NUNCA  TE  FIXECHES

 É un libro que conta con 95 preguntas e as súas respostas. Os temas máis utilizados son o deporte, os inventos, os animais e a literatura. Ten un gran sentido educativo xa que aprendes moitas cousas. É aconsellable para os maiores de 10 anos que teñan ganas de saber un pouco máis.  Gustoume moito, é moi gracioso e podes lelo nun par de horas. Asómbranme detalles como que antes da invención do papel hixiénico tiñan que utilizar serraduras de madeira, pedras, area, cunchas... para limparse, xa que terían o traseiro bastante danado!! O que máis me gustou foi unha pregunta na que dicían se realmente as espinacas tiñan tanto ferro; a reposta vaite deixar abraiado... Ao contrario do que se adoita crer, as espinacas non  conteñen tanto ferro. Esta idea común é debida a un erro de tecleo! En 1890, un investigador americano examinou a cantidade de ferro que contiña unha folla de espinaca. Obtivo 3,4 mg. por cada 100 gramos de verdura. O problema foi que a secretaria que pasou a limpo as súas notas equivocouse e non puxo a coma, multiplicando por 10 a cantidade de ferro das espinacas. En 1930, uns sabios alemáns corrixiron o erro, pero xa era demasiado tarde; xa crearan Popeye!!!

Leo Cendán Malingret 1ºR.

1 comentario: