As bruxas
Roald Dahl
O AUTOR
Roald Dahl naceu en Gales, Reino Unido, o
13 setembro 1916 e morreu o 23 novembro de 1990 en Inglaterra. Os seus pais eran
noruegueses e escolleron o nome Roald en recordo de Roald Amundsen, o primeiro
home que logrou chegar ao Polo sur.
Cando acabou os seus estudos, comezou a
traballar nunha empresa de aceite en Tanzania.
En novembro de 1939 uniuse á Royal Air Force e loitou na Segunda Guerra
Mundial.
Comezou a escribir en 1942, cando estaba
en Washington traballando nunha misión diplomática. Tivo moito éxito como
escritor para nenos e adultos. Os seus libros para nenos foron escritos dende o
punto de vista dun neno e recollen moitos aspectos autobiográficos.
Algúns dos seus libros máis coñecidos
son: “James e o melocotón xigante”; “Charlie e a fábrica de chocolate”, “Matilda”
ou “As Bruxas”.
O LIBRO
O libro relata a historia dun neno orfo que
vive coa súa avoa e que descobre o mundo das bruxas, as cales detestan os nenos
porque lles cheiran mal. Seguindo as pistas que lle dá a súa avoa para
identificar ás meigas, o neno descobre unha reunión encuberta delas á que
asistía a Gran Bruxa pero é descuberto e convérteno en rata. A avoa logra
quitarlle o feitizo e xuntos tratarán de enfrontarse ás feiticeiras que
pretenden converter en ratos a todos os nenos.
A MIÑA OPINIÓN
Descubrín a Roald Dahl a través dun
fragmento da obra “As Bruxas” que viña nun libro de texto de 1º da ESO. Quedei
con ganas de ler o libro enteiro e fun mercalo á libraría. A miña sorpresa foi
comprobar que varias das súas obras estaba traducidas ao galego e decidín
comprar “As bruxas” na súa versión galega.
O libro é de fácil lectura, ten moito
sentido do humor e conta moitas aventuras. Cando empezas a lelo desexas
continuar lendo ata o final.
Gustoume tanto que despois lin do mesmo
autor “Danny, o campión do mundo” e no pasado Nadal regaláronme “Charlie e a
fábrica de chocolate”.
O certo é que como todo os libros que lin
de Roald Dahl están en lingua galega para min é como se o autor británico tamén
fose galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario