Mostrando entradas con la etiqueta Isto mola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Isto mola. Mostrar todas las entradas

22 mar 2017

Deportistas Galegos

Moita xente di que en Galicia non temos ningún deportista da elite internacional,pero iso non é certo.

No triatlón temos ao pontevedrés  Javier Gómez Noya, o cal ten acadado títulos como o de ser cinco veces campión mundial nos anos 2008,2010,2013,2014 e no 2015. Tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres en 2012.

Por outro lado, no futbol, temos a Lucas Vázquez e a Denis Suárez , que son dúas xovencísimas promesas do futbol español . Lucas Vázquez xoga no Real Madrid, e Denis Suárez no Barcelona.
Con máis veteranía temos a Iago Aspas que é a estrela do Celta de Vigo, equipo galego da Liga Santander , no cal está moi contento. Iago é actualmente un dos máximos goleadores da Liga Santander.

Resultado de imaxes para gomez noya
Javier Gómez Noya
                                                                                     
                                                                                                       
                                                                                                            Jose Manuel Tacón Cristobo 3º B

Alcolitos ( A parodia galega do Despacito)

O outro día na casa dos meus avós andaba mirando videos en Youtube ata que me apareceu este chamado "Alcolitos" a versión galega do "Despacito" e pareceume bastante divertido asi que dixen : por que non compartilo ?
Trata sobre dous homes Berto e Ramón: Berto é un home ao que o preocupan os nosos montes xa que non quedan moitos carballos nin castiros , porén Ramón é un home ao que o preocupan só os cartos e por iso quere poñer eucaliptos, porque dan moitos cartos.

https://www.youtube.com/watch?v=xyyFLbrdaDg

20 mar 2017

Idiosincrasia de Galicia

Todo comezou no mes de novembro cando saíu un anuncio que realiza unha cadea de supermercados, que dende logo, non ten comparación con ningún spot que se basea principalmente en rimas ou cancións que, se as analizas, carecen de sentido.
 
"Por un futuro á galega" É o seu tema. A gravación mostra unha entrevista elaborada pola mocidade a unha galega que está preto de ter cen anos.
 
A protagonista recorda como era a vida de antes e a evolución da humanidade ante os seus ollos. Cando era nena transportábase en burra, logo viu ao home chegar á Lúa, e agora chega a ter a súa propia tablet. Ela destaca a constante sensación de que o mellor estaba sempre por chegar.
"Se non se sabe a onde se vai, para que ir tan á présa?" É o que opina do mundo actual (baixo a súa visión) dominado polos malos hábitos na alimentación a base de comidas lixo e soidade. "Cando traballamos xuntos chegamos a onde queremos", afirma.

Propón a formación dun mundo diferente, dun mundo á galega: cunha dieta equilibrada, incluíndo, na súa maior proporción, alimentos que nos proporcionan as hortas, en xeral, levar unha vida máis relaxada, aspirando a convertirnos en mellores persoas, soñando, e sendo sempre moi positivos.
 
Foi nese intre cando coñecín o concepto de idiosincrasia, que é o modo de ser característico que nos diferenza doutros. Aparecía nun artigo sobre este anuncio.
Penso que este anuncio é un dos que o representa mellor, xa que hai costumes ou tradicións da sociedade galega que non se lles dá a importancia que merecen.

Marta Tacón Cristobo, 3ºB



19 mar 2017

O estudantado e o profesorado galegos saen á rúa baixo o lema de UNIDADE




O pasado 9 de marzo, o sector do ensino púxose en folga e participou nas diversas manifestacións realizadas nas principais cidades galegas

Para este 9 de marzo, estaba convocada a primeira folga conxunta de profesores, ANPAS e estudantes do curso 2016-17, co fin de loitar contra a LOMCE e os recortes en educación. Cun 90% de seguimento, segundo asegurou o portavoz da PGDEP (Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público) e un 63% por parte do profesorado segundo a UGT (aínda que os datos da Xunta falan só dun 11,42%), as aulas de toda Galicia quedaron baleiras.
Nas manifestacións (celebradas en 9 cidades galegas) reivindicouse a derrogación da LOMCE, das súas reválidas e do 3+2 no ensino universitario; a necesidade dun ensino público, galego, laico, coeducativo e gratuíto; a redución das ratios nas aulas, e a dotación de suficiente profesorado entre outras cousas. Nelas escoitáronse lemas como: “Pública somos, pública seremos, pola privada nunca pasaremos” ou “Unidade, unidade”.
Mais non foi todo perfecto. Como leva sucedendo dende xa hai tempo non houbo acordo entre as distintas plataformas e leváronse a cabo dúas marchas diferentes en moitos dos lugares onde estaban previstas, como en Santiago, de onde saíu unha ás 11.45 horas da que formaban parte “CIG-Ensino”, “Anpas Galegas” e o sindicato “Erguer!” e outra ás 12.15 horas, constituida por “CCOO”, “FETE-UGT” e o “Sindicato de Estudiantes”, entre outros.
No noso instituto, malia algúns profesores que non querían loitar polos seus dereitos ou doutros que non quixeron cambiar os exames e ameazaron con suspender aos alumnos, a folga foi un éxito total.
Na miña opinión, como todas as folgas, foi necesaria, por moito que os políticos teimen en que xa se vai arranxar todo co pacto para reformar a lei que fixeron os principais partidos españois. Alén diso, xa era hora de que o profesorado se unira ao alumnado nunha loita que lle debería importar, posto que tamén lle afecta. Tamén coido que comeza a ser un bo momento para que as distintas plataformas cheguen a un acordo e protesten xuntas por un obxectivo que supostamente é o mesmo.






















Artur Vázquez Rego, 3ºB 

                                                                                                            








                                                                                                                                                    
  




                                                                        

4 mar 2017

Obradoiro OPS!

O outro día, os alumnos de terceiro da ESO tivemos un obradoiro chamado OPS! (ou O Português Simples). Neste obradoiro aprendemos cousas sobre o portugués e a súa influencia e importancia na sociedade e mundo actuais. Falamos sobre a súa historia, sobre a súa situación actual e sobre que se espera que ocurra no futuro e que beneficiará aos países lusófonos. Tamén, aprendendo gramática e vocabulario, descubrimos que o portugués e o galego son moi parecidos, e que sabendo un dos dous o outro é completamente comprensible.

A conclusión to taller foi que o galego é un idioma moi útil. Sobre todo se queres viaxar a países como Brasil, Angola ou Mozambique.

Na miña opinión, o obradoiro foi interesante xa que, a través da materia que dimos (organizada en temas e unidades), comprobamos que estes dous idiomas teñen moitas similitudes e que o galego é máis útil do que pensabamos. Foi entretido e interactivo, un punto a favor, porque moitas veces temos que limitarnos a escoitar e asentir, por tanto as actividades o fixeron moito máis ameno.


Alicia Novoa, 3ºB.

13 may 2015

Rianxo literario

Ai os da Pontepedriña cando van pola Ribeira!       
Ai os da Pontepedriña cando van pola Ribeira!
Descalciños pola area, parecen a rianxeira,
descalciños pola area, parecen a rianxeira.

Alumnos veñen, alumnos veñen.
alumnos veñen e van.
Que veñan os de Rianxo,
que ben o imos pasar!!

A que non sabedes quen é Manuel Antonio? Pois nós, o alumnado de 4ºda ESO, si! E ademais sabemos, porque a vimos, que ten unha casa museo en Rianxo de planta baixa e dous andares. Nela puidemos ver de abaixo a arriba como foi medrando na súa traxectoria de poeta.
Ao principio vimos unha colección de fotos tomadas polo curmán do escritor, nas que observamos a vida deles, especialmente relacionada co mar.
No primeiro andar explicáronnos como foran os seus comezos e algunhas anécdotas. Sabiades que con só dezaseis anos, el e os seus amigos Manuel Xoaquín González e Marcial Rodríguez fixeran un pacto de sangue? Con el comprometíanse a falar e defender o galego sempre. Pois agora xa o sabedes!!
No último andar testemuños da rebeldía de Manuel Antonio. Lembranzas del en compaña doutros grandes: Castelao, Risco, Otero Pedrayo...
Logo tocou ir ao Museo do Mar: conceptos básicos sobre artes de pesca, embarcacións... e aínda repasamos un pouco de xeografía cun mapa que había no chan.
a penúltima visita foi ao "Museo de Nós de Nuco", un interesante artista local no que puidemos ver as súas esculturas de grandes iconas galegas, principalmente escritores.
Pero para nós, sen dúbida, a mellor foi a última visita: ao IES Félix Muriel, onde nos  recibiron ao grande, ao son da Rianxeira. Aí estabamos todos, rianxeiros e santiagueses, convivindo, coñecéndonos, pasándoo ben.
E que mellor maneira de finalizar o día que facelo na praia recitando todos xuntos o "Adeus" de Manuel Antonio?
Agora tócalles a eles devolvernos a visita. Agardámosvos!!!!




23 mar 2015

"O rap é unha forma de vida"

Hai algo mellor que que se repita un obradoiro co que perder clase? Pois si. Que se repita un obradoiro ENTRETIDO e PRODUCTIVO co que perder clase e á vez APRENDER COUSAS INTERESANTES. Pero o mellor atopámolo no contido. Unha vez máis, levado a cabo por García MC (rapeiro de Dios Ke Te Crew), disfrutamos dunha boa mañá na súa compaña.

Saímos de alí entendendo que o rap non é un sinxelo estilo de música. Que por levar unha gorra e uns "pantacas" non es rapeiro (aínda que a estética tamén conte). Que as letras que se escriben non saen así como así. Todo ten o seu significado. O rap é unha forma de vida. É a forma de vida de máis persoas das que cremos.

Nas letras pódense camuflar infinidade de críticas, de sentimentos dende a carraxe ata o amor. Todo iso foi o que nos explicou, ademáis de moitos outros conceptos relacionados como hip-hop, scratch, beatbox, breackdance ou graffiti.

Aquí vos deixo unha ligazón que nos recomendou, na que poderedes ver verdadeiro arte na rúa: Desordes Creativas

Encantoume o anaco que nos amosou de "Beat Street", unha película dos 80 da que vimos unha batalla de breackdance. Botádelle un ollo a esa parte: Beat Street Breackdance Battle

Para os curiosos e curiosas, aquí tedes outras cousas tratadas no obradoiro:
- Scratch (The Film)
- Looking for the perfect beat (unha melodía de electro/hip hop de Afrika Bambaataa & the Soulsonic Force. Estaría ben que mirarades a ligazón de Bambaataa)
KRS-One (Rapeiro afroamericano de orixe Xamaicana)

Por último, fixemos raps en grupos coa temática que nos dese a gaña. O noso baseouse nunha sutil crítica do instituto e dos profes, que seguramente se publique na revista do centro.

Para finalizar este artigo, o alumnado de 4º de ESO dámoslle as grazas a García por vir e aos profesores que conseguiron organizalo todo.

Ata a próxima!!!


                                                                                       Marta E. López Rodríguez

24 feb 2015

Eu son Rosalía

Rosalía de Castro (1837-1885) está nas pantallas de millóns de ordenadores a través do buscador Google que hoxe lle dedica o seu “doodle” á escritora galega no 178 aniversario do seu nacemento.

Nós tamén queremos celebrar o aniversario cos traballos do curso pasado... Lembrades? A ponte a Rosalía on PhotoPeach

12 ene 2014

A ponte

Despois do éxito do vídeo do porquiño (un clásico xa), velaí tedes outro que seguro que vos prestará tamén...
Grazas a Ana por buscárnolo!!!


21 may 2013

Obradoiro de Hip-Hop


Esta mañá
pasámolo xenial,
con Serxio García
unha mañá moi divertida.

Hoxe o alumnado de 2º de ESO tivemos unha mañá un tanto diferente. Veu Serxio García, un rapeiro do grupo Dios Ke Te Crew. Explicounos ben o que eran Rap, Graffiti e Break Dance e as diferenzas que hai entre estes. Foi moi interesante e divertido xa que logo fixemos grupos de cinco para facer raps sobre o que nós quixésemos. Púxonos unha base de música para "inspirármonos". Logo, ao rematar, algúns de nós fomos pedirlle uns autógrafos e houbo un peculiar que lle escribiu a Estrella. Este ao final dicía:
"Na fronte unha estrela,
no bico un cantar".
Agora a profe mandounos buscar de quen é ese fragmento de poema, como segue e a quen está dedicado. Se o facemos ben poderemos adicar unha clase a dedicar poemas aos demais compañeiros.

Marta Eugenia López Rodríguez (con algunha axuda dos compañeiros)
2ºESO S

8 dic 2012

RecitandoCelsoemiliO


Aquí tedes un video do Obradoiro de expresión plástica do IES As Barxas.

 Espero que vos guste!
Mar Álvarez Rama, 2ºR


22 oct 2012

Porque... Por que non?


E por que non? Pregúntanse Marta Torres, Noelia Iglesias e Patricia Lagoa de 2ºS:



Porque... Por que non? on PhotoPeach

A aventura de ler



"A lectura e a aventura son a mesma viaxe" por Nicolás Conseil e Víctor Beiroa de 2ºR:







Unha pausa para a publicidade

Escolma das estupendas campañas publicitarias feitas polo alumnado de 2º da ESO:


Unha pausa para a publicidade on PhotoPeach

19 jul 2012

No CPI de Vedra, de onde moito alumnado vén ao noso centro a facer o bacharelato, fixeron este Libdup co poema de Rosalía A xustiza pola man musicado por  Nao:

27 jun 2012

Boas vacacións!

Boas vacacións para todas e todos!! :-)))) Despedímonos co magnífico traballo do EDL de Chapela o Lipdub Eu falarei. Nós tamén falaremos. Avante sempre!!!:

19 abr 2012

Regueifas


O pasado mércores 14 de marzo viñeron ao instituto dous famosos regueifeiros: Pinto d'Herbón e Caruncho. Fixemos regueifas todos xuntos, pero antes diso, explicáronnos o que eran. A regueifa era o pan de voda; estiveras invitado ou non podías asistir á cerimonia. O que facían estas persoas era ir ver como a xente regueifaba.
Pareceume moi divertido. Para min foi moi fácil facelas. Creo que fun unha das primeiras en ter iniciativa posto que eles preguntaban e só levantabamos a man para contestar un ou dous. Despois a xente comezouse a animar e xa participou todo o mundo.
Ao final dixéronme de broma que me ían fichar e eu dediqueilles unha regueifa improvisada:
 Estes dous tolo de aquí
dinme que me van fichar
se non chego á casa ás oito
miña nai ponse a chorar.

Marta Eugenia, 1ºR

18 abr 2012

28 mar 2012

Ides ver un vídeo ben divertido, prestade atención:



Ormie from Ormie Pig on Vimeo.

Simpático o porquiño, non si?
Agora tedes que resumir o argumento desta historia seguindo os pasos de sempre: pensar, planificar, redactar e corrixir (ollo ás repeticións e aos castelanismos). Despois poñédelle un título que vos pareza axeitado.