22 mar 2017

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Creo que é certo que aos mozos de hoxe en día cústanos un pouco máis coller un libro e lelo, a min tamén me custaba bastante. Se non vos considerades lectores o meu consello é ler esta entrada porque atoparedes o pílula para que lle collades gusto aos libros.

Para que che gusten o único necesario é encontrar ese libro co que non poidas parar de ler, que sintas o mesmo cos protagonistas, que necesitas saber o final pero non queres que acabe. E para iso aquí vos traio algúns dos libros que máis me marcaron.

E polo contrario se te consideras lector, creo que deberías lela xa que compartirei uns libros cos que gocei moitísimo a lectura.

A miña afección comezou cando tiña doce anos e atopei un libro chamado “Divergente”, escrito por Veronica Roth. É un libro moi ameno, engancha dende a primeira palabra ata a última. As personaxes son verdadeiramente incribles. A historia distópica cóntanos como Tris, a protagonista, vai superando unha serie de feitos que lle afectan directamente xa que ela non é coma os demais.
Recoméndovos tanto o primeiro libro, como a saga completa. Está chea de acción, misterio e todo cun chisco de romance.

Estívenlle dando moitas voltas sobre si pór esta saga aquí, xa que xera moita polémica. Dise que é machista, e na miña sincera opinión, en partes pode que o sexa. “After”, escrito por Anna Todd é unha saga de cinco libros que nos conta a historia de Tessa, unha rapaza que comeza a Universidade, e alí coñece a un rapaz. Sigue os típicos rasgos dunha historia feita para a mocidade. Non son libros moi bos, literariamente falando, pero os dous primeiros engancháronme. Creo que a partir do “3. After en Mil Pedazos”, a saga empeza a decrecer e vólvese monótona e aburrida, por non falar do “4. After Amor Infinito”, que non me gustou para nada, unha saga así, non merece ese final. O último libro é “0. After antes de ella”, este é unha precuela que non creo que mereza a pena ler.
Pero invítovos a lelos e que formedes unha opinión sobre eles, a ver que vos parecen.

Como recomendei soamente escritores ingleses, por último entro no noso país para falarvos de Javier Ruescas,  que é un escritor de 29 anos que leva escribindo dende moi novo e agora ten case vinte libros publicados, e moitos máis escritos.
Os que eu lin son historias curtas e amenas. Estou a falar de “Pulsaciones”  e “Latidos”, que están escritos tamén por Francesc Miralles. Que teñen de interesante estes libros? Que son historias independentes que comparten algunha que outra personaxe, e están escritos completamente a base de mensaxes coma os de Whatsapp. Pódense ler nun día, e pódese dicir que o tema principal en ambos é o amor.


Espero que vos gustase e teñades en conta estes libros para elixir a vosa próxima lectura.

Paula Alfonsín Suárez 3ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario