20 jun 2013

Teño o corazón senlleiro on PhotoPeach Teño o corazón senlleiro on PhotoPeach 1ºT1 Helena Fajín Riveiro.

AUTOBIOGRAFÍA POÉTICA




  Podería ter nacido en Xúpiter, en Urano, en Xapón ou en calquera sitio descoñecido, pero non, nacín en Santiago de Compostela ,Galicia, o lugar máis fermosa do mundo para min.

                                 Cousas que lembro

 Os bos momentos da miña vida. Os bos amigos do pasado. As cancións bonitas que escoitaba. A primeira vez que collín un violín. A primeira vez que fun en tren. A vez que souben que tiña unha nova curmá.


                           Cousas que me agradan

  O sorriso dos meus familiares. O bico que me dan os meus pais pola noite. A gran aperta que me a miña curmá cada vez que me ve.


                           Cousas que sabía facer

  Saltar á comba durante moito tempo. Facer un Sudoku, escribir igual de ben coas dúas mans. Aguantar a respiración debaixo da auga moito tempo.

NURIA GONZÁLEZ 1ºR

17 jun 2013

Reivindicar

Esta palabra aparecía nun exercicio dun fragmento do poema "Moda galega", que me chamou moito a atención.
O seu significado é: pedir, esixir ou reclamar algo que é propio.
Sofía, 1ºR

Efervescencia


Esta palabra estaba nun ditado que fixemos na clase de lingua que trataba do cómic galego.
Ten un significado literal: desprendemento de burbullas gasosas no seo dun líquido, que ferve.Tamén ten un significado figurado, ao que se refería o texto: estado de grande excitación ou inquietude, de emoción viva, en que se atopa unha colectividade.

Sofía Sánchez-Brunete Facal, 1ºR

E Xoel aprendeu a voar

      

 Xoel é un neno de 13 anos que pasa a súa vida diante das pantallas da PSP e do ordenador. Un día recibe un correo asinado co alcume 
de Merlo Branco, no que lle di que deixe de ser un abúlico. Xoel ao principio réstalle importancia aos correos que lle envía aínda que máis adiante comeza a realizar, cos seus amigos, os retos de Merlo Branco, coma no que tiñan que ir á tumba de Moore e alí facer unha serie de accións. Finalmente conseguen realizar todos os retos e decátanse de que Merlo Branco era o avó de Xoel, grazas a unha mensaxe que leva o Blackbird (a avioneta do seu avó).
 Gustoume bastante este libro, porque ten moitos toques de humor e podes aprender varias palabras, xa que ten un vocabulario variado.
Recoméndollo a nenos de máis de 12 anos porque é longo.

 Leo Cendán Malingret. 1ºR.

ESQUIMÓ

Esta palabra saíu na clase xa hai tempo, cando eu quixen falar sobre o Polo Norte. Dixen "esquimal" e a profesora corrixiume. Inmediatamente,apunteina, porque me sorprendeu moito xa que nunca a escoitara. Esquimó significa habitante das rexións polares.


Nuria  1ºR.

                                           

13 jun 2013

PRIMAVERA




Alba Nerea Conseil Martínez. 1ºS

O ARCO DA VELLA


 Diego-Duro-Iglesias 1ºS

GALICIA

                                           1T1 Víctor López Sayáns

TRIADAS DO VENTO NO MAR

TRIADAS DO VENTO NO MAR Jorge Alcobre 1ºT1

Chove en Santiago


Carla Gómez 1T1

Soña

 
Désirée Mosquera 1ºt1

12 jun 2013

Lúa do Senegal

Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustracións: Marina Seoane
Editorial:  Edicións Xerais
       
 Khoedi, unha nena de 10 anos, emigra coa súa nai e a súa irmá a Vigo, deixando atrás toda a vida que tiveron no Senegal. En Vigo agarda por eles o seu pai, Madou. Khoedi
experimenta moitas novas sensacións antes do comezo do curso escolar. Durante estes días axúdase da Lúa para superar as súas teimas e penas, xa que a Lúa e o único que teñen en común os dous países. Finalmente chega o primeiro día de colexio e comproba que  non é tan malo como lle dicían.
 Gustoume moito este libro, porque me dei conta do difícil que é a vida de moitos inmigrantes africanos. Tamén me decatei de que hai moito racismo no mundo e da importancia que ten ser respectuoso. Recoméndolle este libro a nenos, rapaces e adultos.

 Leo Cendán Malingret. 1ºR.

Meiga

          
Esta palabra encontreina nun texto e pensei que se trataba dunha bruxa pero en realidade era un peixe.

Meiga: Peixe mariño comestible da superorde dos teleósteos, de corpo oval e boca grande e oblicua, do que existen varias especies.
Leo Cendán Malingret. 1ºR.

Carricanta

            
       

 Esta palabra encontreina en internet cando buscaba insectos para un proxecto de ciencia.

Carricanta: Insecto da orde dos ortópteros, de cor verde ou tirando a verde, duns catro centímetros de longo ollos saíntes, patas posteriores moi longas e ás moi curtas de cor dourada coas que emite un son.
Leo Cendán Malingret. 1ºR.

Cogombro

 Hai un mes estaba xogando a "A que non sabes o que significa", cando lle tocou ao meu pai preguntoume se sabía o significado de cogombro, eu respondinlle que non e por culpa dese erro, perdín.

 Cogombro: Pranta herbácea da familia das cucurbitáceas, dá flores amarelas algo acampanadas e froito ovoide cilíndrico de 4 a 5 cm que, ao madurar, bota as sementes a varios metros de distancia. 
Leo Cendán Malingret. 1ºR.

Cabezolo

               
 Estaba falando co meu pai e de repente díxome esa estraña palabra, pensei nunha persoa coa cabeza moi grande aínda que esa idea foise desvanecendo na miña cabeza. Pregunteille o significado e as dúbidas aclaráronse.

Cabezolo: Larva dos anfibios anuros, de corpo groso e cola longa.
Leo Cendán Malingret. 1ºR.

Carraxe e coraxe.

Resulta que un día calquera, a unha hora calquera, na clase de lingua galega, atopamos dúas palabras moi parecidas: carraxe e coraxe.
Non teñen nada que ver xa que unha significa estar enfadado (carraxe)



     

e a outra, ter agallas, ser valente (coraxe)







                                                             Marta Eugenia López Rodríguez 2ºESO S





Vento galerno


Autor: Antonio Yáñez Casal

O libro trata dun rapaz dunha vila que quedou cos amigos para pescar, pero métese nun bote e queda durmido. Cando esperta está no medio do mar, sen terra á vista, pasados uns días chega a unha illa estraña...
A obra gustoume moito porque ten algúns aspectos interesantes, e aínda que os habitantes do sitio din cousas sen sentido ás veces falan con moita intelixencia, por exemplo, di Miro, o protagonista : “E para que queredes contar o número de cangrexos da illa?” e respóndenlle: “Para saber cantos hai”. 
Ademais aquela é unha vida diferente e máis divertida, os traballos cámbianse cada día e ti non sabes cal será o teu mañá.

Ramón Daniel Regueiro Espiño, 2ºS

Entrevista a Leilía

Estrella e Marta, dúas alumnas de segundo da ESO, decidimos entrevistar a Leilía (cun pouco de enchufe, claro). Leilía é un grupo de música galega composto por seis mulleres. Estas son Ana, Patricia, Felisa, Merchi, Montse e Rosario. Está formado dende hai case 25 anos. Aquí vos deixamos a entrevista: Marta Eugenia López Rodríguez 2ºESO S

6 jun 2013

Quérote

 Paula Nimue Carias Alvarado 1T1

O SEGREDO DAS CARBALLEIRAS


Lucas Febrero 1ºS

Escolma

                                                                                                                                                                                             Iago García Hermida 1ºS

Primavera calorosa



  Clara Suárez 1ºS
A ROSA
Clara Fraguas 1ºS

3 jun 2013

Camiñan descalzas: Ana Romaní

                        
                                                                               Kevin López Torres 1T1