
Ilustracións: Marina Seoane
Editorial: Edicións Xerais
Khoedi, unha nena de 10 anos, emigra coa súa nai e a súa irmá a Vigo, deixando atrás toda a vida que tiveron no Senegal. En Vigo agarda por eles o seu pai, Madou. Khoedi
experimenta moitas novas sensacións antes do comezo do curso escolar. Durante estes días axúdase da Lúa para superar as súas teimas e penas, xa que a Lúa e o único que teñen en común os dous países. Finalmente chega o primeiro día de colexio e comproba que non é tan malo como lle dicían.
Gustoume moito este libro, porque me dei conta do difícil que é a vida de moitos inmigrantes africanos. Tamén me decatei de que hai moito racismo no mundo e da importancia que ten ser respectuoso. Recoméndolle este libro a nenos, rapaces e adultos.
Leo Cendán Malingret. 1ºR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario