Muffins de Chocolate
Ingredientes :
230 gr.de fariña de repostería ( eu puxen bizcochona).
50 gr.de cacao sen azucre (marca VALOR).
2 iogures gregos.
150 gr. de azucre.
80 gr. de aceite de xirasol.
2 ovos.
1 sobre de levedo ( se poñedes fariña bizcochona non poñades levedo).
4 culleradas sopeiras de leite.
100 gr. de chocolate en perliñas + unha presada para poñer por riba.
Eu puxen unha pizca de sal, outra de bicarbonato e media culleradiña de canela en po.
Preparación :
Prequentamos o forno a 180º
Mesturamos os ovos, o leite, os iogures e o aceite.
Incorporaramos a mestura dos ingredientes secos que tiñamos reservados. Removemos coa espátula e incor-poramos as gotas de chocolate.
Poñemos moldes de papel para magdalenas dentro de moldes para muffins. Enchémolos case ata arriba, e axudámonos con dúas culleradas, pois é unha masa bastante densa.
Decoramos con máis pingas de chocolate por riba e metémolos no forno durante uns 25 minutos, 180º calor arriba e abaixo.
![]() |
Este e o resultado. |
María Maneiro 1ºS
No hay comentarios:
Publicar un comentario