- Unha caixa de galletas oreo
- Oitenta gramos de manteiga
- Dúas cuncas de queixo de untar
- Corenta gramos de sucre
- Cincuenta miligramos de leite
- Catro follas de xelatina neutra
- Un pouco de zume de limón
- Unha pizca de sal
- Douscentos miligramos de nata para montar
- Corenta gramos de sucre para montar a nata
- Abrimos as galletas e reservamos a crema destas galletas.
- Poñémolas na trituradora e triturámolas ata que queden en po.
- Reservamos algo menos da metade.
- O resto poñémolo coa manteiga a temperatura ambiente e amasamos para formar a base da torta.
- Poñemos esa base no molde desmontable, forrado e presionamos ben.
- Gardámolo no frigorífico.
- O recheo das galletas co leite, o queixo, o sucre, o zume de limón e o sal poñémolo ao lume e obtemos unha crema ben ligada.Acordádevos rapaces, o lume moi baixo.
- Poñemos a xelatina na agua e logo pasamos a xelatina á crema e ligámola.
- Montamos a nata co sucre.
- Ligamos as dúas mesturas e pasamos ao molde.
- Gardámolo no frigorífico menos de12 horas.
- Desmoldámolo e cubrimos a parte de arriba coas galletas trituradas que reservamos.
- Servímola ben fría.
É aínda queda un paso, comela ,que iso é o mellor Que aproveite!
Carlos Gómez Pita 1ºS