18 feb 2012

Os carnavais de Bandeira

Os carnavais da Bandeira teñen unha característica que os fai únicos, ao igual que os de Merza, a Ulla, Lamela e Dornelas.

No meu pobo o víspera de carnavais faise unha tradición que se chama a vellada. É unha carroza decorada con mimosas, nela van tres ou catro homes disfrazados de vellos facendo filloas con chourizo e dándolle de beber viño as persoas que están detrás disfrazados tamén de vellos; logo vén unha charanga e fan un percorrido por todo o pobo.

O sábado de entroido é o día máis marabilloso do ano porque se disfrazan todas as persoas, e veñen carrozas de todos os sitios, todas son moi bonitas.

Pero o que nos fai ser unicos é o alto dos xenerais que son persoas voluntarias montadas a cabalo con traxes de xenerais de guerra antigos, é unha homenaxe ás batallas que había entre os pobos.

Primeiro os xenerais fan un desfile con todas as carrozas e nese percorrido dan os vivas, isto consiste en que os xenerais din os apelidos das persoas que os están vendo desfilar para que esa xente dea cartos para recaudar para a organización.

Despois na praza os xenerais discuten dicindo arengas que son estrofas que riman para rirse do xeneral co que combates. Son dous bandos, un de cada pobo, que batallan entre eles, primeiro sae un centinela que non vai a cabalo e ten un fusil e respóndelle o correo, e así sucesivamente. Despois aparecen os xenerais que poden ser dous ou tres. Empezan discutindo os rapaces pequenos e logo os grandes que insultan máis.

Cando acaban a batalla a xente vaise pero aínda non acabou a festa, as persoas van aos bares. E cando chega a noite van ao polideportivo do pobo onde está un dúo que toca toda a noite e a xente baila. E preto das doce da noite entréganse os premios do desfile.

Bran Diéguez, 1ºS


No hay comentarios:

Publicar un comentario