18 feb 2012

O entroido en Merza


Estes carnavais comezaron a principio do século XX, aínda que se supón que xa existían con anterioridade. Durante o franquismo estiveron prohibidos, e retomáronse a partir da democracia.

Os elementos principais desta celebración son os exércitos. Cada exército está composto por un abandeirado e os seus xenerais. Ademais teñen un correo, que tamén vai a cabalo e portando unha
especie de alforxa chea de cascabeis para facerse anunciar,  este vai avisando polas aldeas e lugares, casa por casa,  da chegada dos xenerais e solicitando que sexan recibidos. Ao ser aceptados chegan os xenerais e lanzan unha serie de vivas, en primeiro lugar ao cabeza de familia da casa, logo ós seus parentes e despois  ós seus amigos invitados, estes á súa vez danlles un donativo.

Os xenerais levan sobre a súa chaqueta unha serie de adornos e na cabeza unha especie de tricornio
adornado con vistosas plumas de pavo real. Levan bandas que lles cruzan o peito, soen usar as cores das bandeiras de Galicia e España.

Cando os exércitos van chegando ó final do percorrido, saen os mouros montados sobre burros, e
dedícanse a provocar ós xenerais, seguíndoos ata o punto da última e gran batalla dialéctica na que
interveñen todos os elementos da festa: primeiro dialogan o Correo e a Sentinela, logo os xenerais, de
dous en dous, acompañado a súa loita de estrofas de entonación musical. Finalmente únense os dous bandos nun acto pacífico.

Para rematar o acto,  o Frade, lanza un sermón que termina condeado a morte ó Entroido,
representado por un boneco colgado dunha árbore ou poste, como culpable de todos os males  acontecidos no pobo. O boneco estoupa polo aire ao prender a mecha do cohete que leva no seu interior,   e comeza o barullo e a alegría!!!


Mariña Rodríguez Gómez 1º S

                                                            

1 comentario:

  1. Desde a AC Vello dos Cornos que organiza o Antroido en Merza, grazas.

    ResponderEliminar