"Por un futuro á galega" É o seu tema. A gravación mostra unha entrevista elaborada pola mocidade a unha galega que está preto de ter cen anos.
A protagonista recorda como era a vida de antes e a evolución da humanidade ante os seus ollos. Cando era nena transportábase en burra, logo viu ao home chegar á Lúa, e agora chega a ter a súa propia tablet. Ela destaca a constante sensación de que o mellor estaba sempre por chegar.
"Se non se sabe a onde se vai, para que ir tan á présa?" É o que opina do mundo actual (baixo a súa visión) dominado polos malos hábitos na alimentación a base de comidas lixo e soidade. "Cando traballamos xuntos chegamos a onde queremos", afirma.
Propón a formación dun mundo diferente, dun mundo á galega: cunha dieta equilibrada, incluíndo, na súa maior proporción, alimentos que nos proporcionan as hortas, en xeral, levar unha vida máis relaxada, aspirando a convertirnos en mellores persoas, soñando, e sendo sempre moi positivos.
Foi nese intre cando coñecín o concepto de idiosincrasia, que é o modo de ser característico que nos diferenza doutros. Aparecía nun artigo sobre este anuncio.

Marta Tacón Cristobo, 3ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario