O pasado 9 de marzo, o sector do ensino púxose en folga e participou nas diversas
manifestacións realizadas nas principais cidades galegas
Nas manifestacións (celebradas en 9 cidades galegas) reivindicouse a derrogación da LOMCE, das súas reválidas e do 3+2 no ensino universitario; a necesidade dun ensino público, galego, laico, coeducativo e gratuíto; a redución das ratios nas aulas, e a dotación de suficiente profesorado entre outras cousas. Nelas escoitáronse lemas como: “Pública somos, pública seremos, pola privada nunca pasaremos” ou “Unidade, unidade”.
Mais non foi todo perfecto. Como leva sucedendo dende xa hai tempo non houbo acordo entre as distintas plataformas e leváronse a cabo dúas marchas diferentes en moitos dos lugares onde estaban previstas, como en Santiago, de onde saíu unha ás 11.45 horas da que formaban parte “CIG-Ensino”, “Anpas Galegas” e o sindicato “Erguer!” e outra ás 12.15 horas, constituida por “CCOO”, “FETE-UGT” e o “Sindicato de Estudiantes”, entre outros.
No noso instituto, malia algúns profesores que non querían loitar polos seus dereitos ou doutros que non quixeron cambiar os exames e ameazaron con suspender aos alumnos, a folga foi un éxito total.
Na miña opinión, como todas as folgas, foi necesaria, por moito que os políticos teimen en que xa se vai arranxar todo co pacto para reformar a lei que fixeron os principais partidos españois. Alén diso, xa era hora de que o profesorado se unira ao alumnado nunha loita que lle debería importar, posto que tamén lle afecta. Tamén coido que comeza a ser un bo momento para que as distintas plataformas cheguen a un acordo e protesten xuntas por un obxectivo que supostamente é o mesmo.

Artur Vázquez Rego, 3ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario