UNHA HISTORIA CO GALEGO
Xulio naceu en Galicia, pero cando estaba en 2º da ESO recibiu a noticia de que tiña que mudarse e marchar a Madrid. E así comeza a súa historia, cambiando de colexio, compañeiros e amigos. O peor de todo era que tiña que empezar unha nova vida nun lugar que non coñecía.
Chegou o primeiro día de instituto, Xulio estaba moi nervioso pois cría que a xente se mofaría del polo acento. Entrou na clase e sentou na primeira fila, de súpeto entrou unha profesora que se presentou como Carmen, tamén era nova e pediulles aos alumnos que se presentaran.
O resto da mañá pasou lentamente, mais cando saíron, Xulio xa quedara con outros tres rapaces para ir pola tarde dar unha volta polo parque do Retiro.
As semanas pasaban rápidas, Xulio facía de todo: deberes, estudaba, falaba cos seus amigos galegos e paseaba cos seus amigos de Madrid. Pero un día no recreo un dos tres compañeiros que coñeceu primeiro, díxolle que non entendía cando falaba coa súa nai e que lle parecía unha vergoña que falara en galego na capital de España; a Xulio e aos outros dous nenos non lles gustou esa reacción e fóronllo comentar á titora. Ela, indignada díxolles que xa tomaría medidas e empezou a falar galego con Xulio. Ela tamén era de Santiago e pediulle que lles ensinara a falar en galego aos dous amigos. E así fixo, cada día durante unha hora intentaba ensinarlles o idioma aos seus mellores amigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario