20 jun 2013

AUTOBIOGRAFÍA POÉTICA




  Podería ter nacido en Xúpiter, en Urano, en Xapón ou en calquera sitio descoñecido, pero non, nacín en Santiago de Compostela ,Galicia, o lugar máis fermosa do mundo para min.

                                 Cousas que lembro

 Os bos momentos da miña vida. Os bos amigos do pasado. As cancións bonitas que escoitaba. A primeira vez que collín un violín. A primeira vez que fun en tren. A vez que souben que tiña unha nova curmá.


                           Cousas que me agradan

  O sorriso dos meus familiares. O bico que me dan os meus pais pola noite. A gran aperta que me a miña curmá cada vez que me ve.


                           Cousas que sabía facer

  Saltar á comba durante moito tempo. Facer un Sudoku, escribir igual de ben coas dúas mans. Aguantar a respiración debaixo da auga moito tempo.

NURIA GONZÁLEZ 1ºR

No hay comentarios:

Publicar un comentario