20 jun 2013
AUTOBIOGRAFÍA POÉTICA
Podería
ter nacido en Xúpiter, en Urano, en Xapón ou en calquera sitio
descoñecido, pero non, nacín
en Santiago de Compostela ,Galicia, o lugar máis fermosa do mundo para
min.
Cousas
que lembro
Os
bos momentos da miña vida. Os bos amigos do pasado. As cancións
bonitas que escoitaba. A primeira vez que collín un violín. A
primeira vez que fun en tren. A vez que souben que tiña unha nova
curmá.
Cousas
que me agradan
O
sorriso dos meus familiares. O bico que me dan os meus pais pola
noite. A gran aperta que me dá a miña curmá cada vez que me ve.
Cousas
que sabía facer
Saltar
á comba durante moito tempo. Facer un Sudoku, escribir igual de ben
coas dúas mans. Aguantar a respiración debaixo da auga moito tempo.
NURIA
GONZÁLEZ 1ºR
19 jun 2013
18 jun 2013
17 jun 2013
Reivindicar
Esta palabra aparecía nun exercicio dun fragmento do poema "Moda galega", que me chamou moito a atención.
O seu significado é: pedir, esixir ou reclamar algo que é propio.
Sofía, 1ºR
Sofía, 1ºR
Efervescencia
Esta palabra estaba nun ditado que fixemos na clase de lingua que trataba do cómic galego.
Ten un significado literal: desprendemento de burbullas gasosas no seo dun líquido, que ferve.Tamén ten un significado figurado, ao que se refería o texto: estado de grande excitación ou inquietude, de emoción viva, en que se atopa unha colectividade.
Sofía Sánchez-Brunete Facal, 1ºR
E Xoel aprendeu a voar
Xoel é un neno de 13 anos que pasa a súa vida diante das pantallas da PSP e do ordenador. Un día recibe un correo asinado co alcume
de Merlo Branco, no que lle di que deixe de ser un abúlico. Xoel ao principio réstalle importancia aos correos que lle envía aínda que máis adiante comeza a realizar, cos seus amigos, os retos de Merlo Branco, coma no que tiñan que ir á tumba de Moore e alí facer unha serie de accións. Finalmente conseguen realizar todos os retos e decátanse de que Merlo Branco era o avó de Xoel, grazas a unha mensaxe que leva o Blackbird (a avioneta do seu avó).
Gustoume bastante este libro, porque ten moitos toques de humor e podes aprender varias palabras, xa que ten un vocabulario variado.
Recoméndollo a nenos de máis de 12 anos porque é longo.
Leo Cendán Malingret. 1ºR.
ESQUIMÓ
13 jun 2013
12 jun 2013
Lúa do Senegal

Ilustracións: Marina Seoane
Editorial: Edicións Xerais
Khoedi, unha nena de 10 anos, emigra coa súa nai e a súa irmá a Vigo, deixando atrás toda a vida que tiveron no Senegal. En Vigo agarda por eles o seu pai, Madou. Khoedi
experimenta moitas novas sensacións antes do comezo do curso escolar. Durante estes días axúdase da Lúa para superar as súas teimas e penas, xa que a Lúa e o único que teñen en común os dous países. Finalmente chega o primeiro día de colexio e comproba que non é tan malo como lle dicían.
Gustoume moito este libro, porque me dei conta do difícil que é a vida de moitos inmigrantes africanos. Tamén me decatei de que hai moito racismo no mundo e da importancia que ten ser respectuoso. Recoméndolle este libro a nenos, rapaces e adultos.
Leo Cendán Malingret. 1ºR.
Meiga
Carricanta
Carricanta: Insecto da orde dos ortópteros, de cor verde ou tirando a verde, duns catro centímetros de longo ollos saíntes, patas posteriores moi longas e ás moi curtas de cor dourada coas que emite un son.
Leo Cendán Malingret. 1ºR.
Cogombro

Cogombro: Pranta herbácea da familia das cucurbitáceas, dá flores amarelas algo acampanadas e froito ovoide cilíndrico de 4 a 5 cm que, ao madurar, bota as sementes a varios metros de distancia.
Leo Cendán Malingret. 1ºR.
Cabezolo

Cabezolo: Larva dos anfibios anuros, de corpo groso e cola longa.
Leo Cendán Malingret. 1ºR.
Carraxe e coraxe.
Resulta que un día calquera, a unha hora calquera, na clase de lingua galega, atopamos dúas palabras moi parecidas: carraxe e coraxe.
Non teñen nada que ver xa que unha significa estar enfadado (carraxe)
e a outra, ter agallas, ser valente (coraxe)

Marta Eugenia López Rodríguez 2ºESO S
Non teñen nada que ver xa que unha significa estar enfadado (carraxe)
e a outra, ter agallas, ser valente (coraxe)
Marta Eugenia López Rodríguez 2ºESO S
Vento galerno
O
libro trata dun rapaz dunha vila que quedou cos amigos para pescar, pero métese
nun bote e queda durmido. Cando esperta está no medio do mar, sen terra á vista, pasados
uns días chega a unha illa estraña...
A
obra gustoume moito porque ten algúns aspectos interesantes, e aínda que os
habitantes do sitio din cousas sen sentido ás veces falan con moita
intelixencia, por exemplo, di Miro, o protagonista : “E para que queredes
contar o número de cangrexos da illa?” e respóndenlle: “Para saber cantos hai”.
Ademais aquela é unha vida diferente e máis divertida, os traballos cámbianse cada día e ti non sabes cal será o teu mañá.
Ademais aquela é unha vida diferente e máis divertida, os traballos cámbianse cada día e ti non sabes cal será o teu mañá.
Ramón Daniel Regueiro Espiño, 2ºS
Entrevista a Leilía
Estrella e Marta, dúas alumnas de segundo da ESO, decidimos entrevistar a Leilía (cun pouco de enchufe, claro).
Leilía é un grupo de música galega composto por seis mulleres. Estas son Ana, Patricia, Felisa, Merchi, Montse e Rosario.
Está formado dende hai case 25 anos.
Aquí vos deixamos a entrevista:
Marta Eugenia López Rodríguez 2ºESO S
6 jun 2013
5 jun 2013
4 jun 2013
3 jun 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)