Querido Shin Chan:
Sabes que es moi especial para min. Hai xa nove anos que nos coñecemos. Acórdome, cando os dous tiñamos a mesma idade dos cinco anos, que me erguía cedo todas as mañás para verte no ''Xabarín Club''. Dende aquela ata hai pouco non nos separamos. Por iso che digo isto:
Porque es o rapaz máis divertido do mundo.
Porque sempre estiveches aí.
Porque para min e para todas as persoas es o mellor.
Porque es o único actor xaponés co nome en galego.
Por todo isto e moito máis gustaríame que viñeses aquí e estiveses sempre comigo, para xogar a que somos superheroes ou para ir comer polbo en vez de sushi. Porque sei que che encantará todo o que atoparás aquí.
Quedo impaciente agardando a túa resposta.
Bicos, Mar.
Mar Álvarez Rama, 2ºR
Moi bo, Mar, pero... entenderían o chiste??
ResponderEliminar