TORTA DE QUEIXO
INGREDIENTES:
1 litro de nata
1/2 kg de queixo fresco
1 sobre de callada
1 vaso de leite
1 vaso de azucre (non moi cheo)
ELABORACIÓN:
Mesturar todos os ingredientes (menos a nata) nunha tarteira coa axuda do batedor. Engadir a nata e mesturar sen montar.
Poñer a tarteira ao lume ata que empece a ferver (remover continuamente para que non se pegue).
Nun molde untado con caramelo líquido, poñemos a mestura. Ao fin metémolo na neveira.
GAZPACHO
INGREDIENTES:
1 kg de tomates
1 dente de allo
1/2 cogombro
1 trozo pequeno de pemento
1 dedo de vinagre dun vaso
2 dedos de aceite dun vaso
Unha presada de sal
ELABORACIÓN:
Mestúrase todo menos o aceite co batedor. Despois engádense cubos de xeo e o aceite e remóvese todo co batedor.
TORTA DE CHOCOLATE

INGREDIENTES:
Galletas tipo María
Natillas (de sobre)
Onzas de chocolate
ELABORACIÓN:
Facer un chocolate medianamente espeso. Tamén facer unhas natillas.
Estender as galletas, previamente molladas en leite, nun molde.
Cubrir a capa de galletas con chocolate.
Poñer outra capa de galletas e cubrilas con natillas. Engadir outra capa de galletas e cubrir con chocolate, e deixar enfriar na neveira.
1ºS Iago García
No hay comentarios:
Publicar un comentario