29 ene 2012

A descuberta do carballo americano

Saímos ás 9:00 da mañá do instituto máis espertos que nunca, era a primeira excursión do ano; xunto cos profesores Lois e Martín collemos o autobús cara a Lalín. O percorrido ata alá foi divertido, eu particularmente fun escoitando música, como a maioría, pero tamén se contaban chistes e outras cousas divertidas.
A chegada foi un gran alivio, paramos nunha una finca onde habían varios tipos de árbores, entre elas o carballo americano, unha árbore centenaria, e os chupóns que son uns vultos que saen do troco cando lles dá moito o sol (algo que eu descoñecia).
Fomos ao pazo de Bendoiro, é moi bonito e ten un hórreo espectacular de pedra e de madeira de cor escura. Foi o que máis me gustou.

Logo marchamos a un souto coller castañas, foi divertido ver como a xente se pinchaba cos ourizos; algúns nenos facían grupos que xuntaban as súas castañas para ter máis.

Hai unha anécdota que vos quero contar, houbo guerra de landras, non eran pequenas precisamente, así que doía moito cando che daban.
Ao final tódalas castañas que collemos utilizámolas no magosto.
Mmmmm que ricas!!!!     
       
Brais Rodríguez 1ºS

1 comentario:

  1. Moi ben Brais! Case se nos xunta o magosto coas filloas e as orellas do entroido, pero nunca é tarde... Ou si?

    ResponderEliminar