29 ene 2012

A aprendizaxe de Betsy

Autora: Dorothy Canfield Fisher.
Ilustrador: Isaac Sucasas.
Tradución:Tina Parcelo.

Elizabeth Ann é unha nena orfa de nove anos que vive coa súa tía Harriet, a súa prima Frances e Grace, unha muller con asma.

A enfermidade da tía Harriet faille dar un gran cambio na súa vida xa que Elizabeth terá que ir vivir á granxa de Vermont. Neste lugar, convivindo cos Putney, aprenderá a ser independente e a valerse por si soa.

Este libro é moi interesante e recomendable para todas as persoas da miña idade, sobre todo para aquelas que non saíron nunca do ámbito da cidade, xa que nos ensina que ao principio, por moi difícil que sexa acostumarnos a unha cousa nova, ao final sempre atoparemos algo interesante co que enriqueceremos a nosa cultura e coñecementos. Por exemplo, Betsy sofre moito os primeiros días na granxa de Vermont porque neste lugar déixanlle máis independencia, e pídenlle que actúe por ela mesma, cousa que non facía na cidade, isto será doloroso para ela, pero co paso do tempo aquí chegará a pasar os mellores meses da súa vida.

Axúdanos tamén a comprender que non debemos prexulgar as persoas, xa que Betsy na súa estancia cos Putney descobre que os tres son fantásticos aínda que a súa aparencia fora de seres duros e crueis.
Na granxa Vermont aprende a ter unha vida coma a dos resto dos rapaces da súa idade; así comeza a relacionarse, a convivir, e o máis importante: a perderlle o medo ás experiencias descoñecidas para ela.

Marta Torres 1ºR

No hay comentarios:

Publicar un comentario