24 ene 2013

GALEGO

Galego

O ''Gue'' é de galego.
O ''Gue'' é de Galiza.
O ''Gue'' é de gozar
ao falar esta lingua.

Por que ninguén a fala?
Por que ninguén a le?
Por que ninguén a canta
nin a escribe nun papel?

Pobre esta lingua miña
que tan soíña estás
se aínda alguén te falase
non chorarías máis.

Eu non quero que cambies,
xa es perfecta así.
Se os demáis non o ven,
que intenten vivir sen ti.

                                                                 Mar Álvarez Rama, 2ºR

17 comentarios:

  1. gustoume moito

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A min tamén gustoume moito dende logo o "GALEGO" é a lingua de moita xente que moitos deles non o falan es isto deberá de cambiar.

      Eliminar
    2. dise me gustou, moito galego pero ti non sabes.

      Eliminar
    3. Ramón Daniel27/2/13, 8:44

      leo dise gustoume, nunca vai diante o pronome persoal átono.

      Eliminar
    4. E logo ese tamén???

      Eliminar
  2. Sofía 1R24/1/13, 5:12

    Gustoume tanto que me soubo a pouco.

    ResponderEliminar
  3. É moi bonito

    ResponderEliminar
  4. Encantoume, tanto que me deron ganas de facer un.

    Gabriel 1ºR

    ResponderEliminar
  5. E moi interesante e, niso que puxeches sobre o galego, tes toda a razón.





    Nuria 1ºR

    ResponderEliminar
  6. Carolina 1ºR.24/1/13, 5:19

    Encántame. Está moi ben feito. :)

    ResponderEliminar
  7. Pero quen escribiu este poema..:') ? Por favor, precisamos saber quen foi. Encantounos

    ResponderEliminar
  8. A verdade é que está moi ben...encantoume! <3

    ResponderEliminar
  9. Carmen 1ºR24/1/13, 5:20

    Paréceme que está moi ben e gustaríame que fixeras outro ṕorque ti vales para isto.

    ResponderEliminar
  10. Alejandra Millán24/1/13, 5:20

    Non é dos meus preferidos,pero gustoume moito.
    Ten moito mérito que o inventaras ti,segue escribindo poesía porque tes algo especial na túa forma de redactar.

    ResponderEliminar
  11. Lucio 1ºR24/1/13, 5:22

    son anónimo 2

    ResponderEliminar
  12. Grazas a todos, non creo que sexa para tanto... A verdade é que o galego é unha lingua preciosa pero por desgraza non a fala moita xente. Este poema fíxeno para todas as persoas ás que lles gusta o galego. A xente ten que darse conta de que se non se usa acabará morrendo e espero que iso nunca pase.
    Alégrome moito de que vos gustara e que Mariló volo ensinara en clase, para iso esta aqui.
    Por certo, son Mar de 2ºR, perdoade que me esquencera de poñer o meu nome.

    ResponderEliminar