24 nov 2012

Como se fai unha ra de papel.


Cóllese un folio. Ponse horizontalmente e a esquina esquerda lévase cara a abaixo de forma que o lado do folio quede enriba do outro lado inferior. A continuación córtase o sobrante para conseguir un cadrado. Unha vez se teña esta figura xeométrica, prégase pola metade e recórtase para ter un rectángulo alto. Con este rectángulo, o que facemos é volvelo dobrar pola metade pero esta vez non se recorta, simplemente se fai unha marca. Así temos dúas metades, dous cadrados no rectángulo. Agora, só na metade de arriba collemos a esquina superior dereita e levámola ata o lado esquerdo, máis ou menos polo medio, para facer outra marca. Despois faise o mesmo coa outra esquina. Unha vez feito isto, pódese ver no cadrado superior que as marcas forman unha cruz. Agora vén o máis complicado: cóllense ambos os lados da metade de arriba e lévanse cara á marca que separa un cadrado doutro e dóbrase a parte de arriba. Se isto se fai ben ten que quedar como resultado un triángulo. De seguido a esquina dereita deste triángulo lévase cara arriba para facer unha das patas da ra. E o mesmo para facer a outra. Despois repítese a operación co outro cadrado. Cando isto estea feito parecerá un rombo. O que hai que facer agora é coller as esquinas que hai aos lados e dobralos cara arriba para darlle forma ao corpo da nosa ra. Agora, se lle damos a volta, ten que quedar unha parte máis larga e outra máis estreita; o que imos facer é coller a parte larga para que a ra salte. Faise da seguinte maneira: dóbrase o futuro animal pola metade, pola marca que separaban os cadrados anteriores. Despois cómpre simplemente ir dobrando a parte larga en acordeón, pero iso si, as patas teñen que quedar para fóra. O resultado é unha ra amorfa que poucas veces se consegue que salte ben.

 










 Mar Álvarez Rama, 2ºR

2 comentarios:

  1. Moi ben, Mar. Evitaches con moito xeito as repeticións, e non era doado (prestoume moito iso do "futuro animal")
    Amorfa, amorfa...non é. E ben que saltaba que a vin eu.

    ResponderEliminar
  2. Gha, gha, gha! Grazas, profe, pero hai que recoñecer que moita forma de ra non ten... E saltar, bueno, poderia saltar mellor, tamén depende de como se faga =).

    ResponderEliminar