7 mar 2012

Chamádeme Simbad


Autor: Francisco Castro
Ilustrador: Manel Cráneo

Este libro trata sobre un neno chamado Paulo, ten unha familia na que o seu pai sempre está falando por teléfono e o seu avó fai unhas cousas moi raras.
A Paulo chámanlle Simbad O Mariñeiro, el e mailo avó sempre andan a xogar aos piratas por toda a casa. No xogo hai uns personaxes malvados chamados filibusteiros.
Un bo día o avó desapareceu, non se sabía a onde fora ata que Paulo averiguou que marchou da casa porque querían levalo a unha residencia, xa que tiña alzheimer.
O avó mandoulle unha carta dicindo que o buscara na Taberna do Pirata, tamén había unha chave. Paulo non sabía como chegar.
Terá que investigar moito para atopalo e impedir que vaia á residencia.

Esta historia é moi divertida, xa que os personaxes viven unha gran aventura a través do humor. Recoméndolla a todos os nenos/as da miña idade.
O autor intenta transmitir que aínda que as cousas se poñan feas, coma a enfermidade do avó, e aínda que non teñan solución, é mellor estar unidos a que apartalas da túa vida. Isto é o que aprendín deste libro.

A parte que máis me gustou desta historia foi cando Paulo atopa varias pistas que lle axudan a chegar á Taberna do Pirata, porque é unha aventura fascinante na que non se rinde por nada do mundo.
Polo contrario o que menos me gustou foi o principio deste libro, porque só fala do pai que sempre fala por teléfono.
   Uxía Moreira Campos 1ºS

No hay comentarios:

Publicar un comentario