21 mar 2012

Ata que o saibas todo



Escritor : Juan Kruz Igerabide.

Ester é unha rapaza de once anos que é cega.
Unha mañá atópase coa desgraza de que os seus compañeiros a informan de que o seu pai está no cárcere porque o acusan de  roubar un banco. Pese a isto ela terá a seguridade de que o pai é inocente e xunto ós seus amigos conseguirá, con astucia e perseverancia, sacar ó seu pai  do engano no que o meteron.

Este libro é moi interesante e emocionante, e recomendable a todos os lectores da miña idade.
Un dos aspectos máis interesantes é como Ester, pese a súa discapacidade, consegue ser unha das persoas clave para sacar ó seu pai do cárcere. Tamén é moi tenra e emotiva a maneira en que os seus compañeirosa a integran no grupo, sen ningún tipo de rexeitamento pola súa discapacidade, e axúdana a sacar ó pai deste engano.

Juan Kruz Igerabide fainos recapacitar sobre o falsas que son as primeiras aparencias xa que a maioría das veces, coma lle ocurreu ó pai de Ester,  levan a enganos.
Marta Torres, 1ºR                                                                  
 


2 comentarios:

  1. cuales son los personajes?
    los protagonistas , los secundarios y sus características

    ResponderEliminar
  2. Ola!Estou a procura dese libro para poder o ler dende o móvil. Sería posible? Grazas! Agardo por vos, topo máis doado facelo dese xeito máis ca o mercar. Saúdos!

    ResponderEliminar