20 feb 2012

¡Vaiche boa!



  • Autor: Paul Jennings

  • Tradución: Dolores Martínez Torres

  • Ilustracións: Kiko da Silva
O primeiro que vos vou dicir é que este libro está cheo de humor.
Ten oito contos moi divertidos, pero tamén conteñen algo de misterio, intriga...
Unha pulseira voadora e unha cola milagrosa que deixa de funcionar ás catro horas. Un esqueleto no retrete. Unha barra de labios máxica. Un esterco que pode atraer todas as moscas do país. Instrumentos que tocan sós. Un xeado de intelixencia. Uns calzóns máxicos e ósos que camiñan pola praia. Vaiche boa!
A mín o libro en xeral gustoume moito, é moi interesante e os contos son moi simpáticos e divertidos.

Unha vez que empezas a ler xa non podes parar.
O conto que máis me gustou foi o de: 'O esqueleto do retrete'. Vai sobre un neno chamado Bob, cuxos pais morreran nun accidente de tráfico e dende aquela vivía no campo, na casa da súa tía Flo.

O retrete desa casa estaba fóra, na eira, e a Bob non lle gustaba ir a el, porque a súa tía dixéralle que alí morrera sentada unha persoa que lle estaba coidando a casa, pero tamén porque cando era pequeno, unha noite que fora ao retrete, ¡Había un ollo mirando para el!, pero a tía Flo non o cría, dicía que iso era unha tontería.
Bob pensaba que era a pantasma do Vello Ned, (a persoa que morrera alí, no retrete), pero para que a súa tía non pensara que estaba tolo, non llo dixo.


Aínda que ao parecer si era o Vello Ned, e non podía ir ao ceo por unha estraña razón.

Se queredes descubrir a razón ides ter que ler o libro, pois eu non vola vou contar.

Espero que a vós tamén vos guste o libro, porque a min encantoume.


Noelia Iglesias Freije. 1ºR

No hay comentarios:

Publicar un comentario