20 feb 2012

Receitas de Entroido

FILLOAS, ORELLAS E LEITE FRITO


As filloas, as orellas e o leite frito son receitas típicas galegas, sobre todo no entroido, e como xa estamos nestas datas imos preparalas.

Filloas.

INGREDIENTES:

- 2 ovos.
- Fariña(1/2 kg aproximadamente).
- 1 pedazo de touciño.
- 1litro de auga.
- Sal.

PREPARACIÓN:

1- O primeiro de todo é bater ben os dous ovos co sal.
2- Unha vez todo ben batido, botamos o litro de auga. Podemos bater un pouco a mestura pero non moito.
3- Agora iremos engadindo pouco a pouco a fariña a medida que remexemos para que se mesture todo ben e sen grumos.

Truco:
Como saber cal é o punto de preparado?
É o punto no que non estea demasiado densa nin demasiado augada a mestura. Aínda así é mellor pasarse coa fariña que quedarse curto. Se o resultado non é bo sempre se lle pode engadir un pouco máis de auga.

4- Chegados a este punto, xa non engadimos máis fariña e seguimos removendo ben e con paciencia ata que non quede ningún grumo de fariña. Recoméndase non deixar de remover.

UTENSILIOS:
- Tixola grande.
- O pedazo de touciño.
- Un garfo.

A COCIÑAR!!!

1- Pinchamos o touciño cun garfo e engrasamos a tixola. Tamén se pode facer con manteiga ou cun pano enchoupado en aceite de xirasol. É mellor facelo co touciño posto que as filloas saen máis boas.
2- Quentamos ben a tixola antes de nada. Ten que estar moi quente para que cando vertamos o almofado quede callado e se faga nun momento.
3- Vertemos o preparado cun cullerón sobre a tixola ao mesmo tempo que levantamos e inclinamos con coidado esta para que o almofado a encha toda. Recoméndase non botar demasiado porque se non saerán tortitas. Ten que ser a cantidade xusta para que cubra todo o fondo da tixola.
4- Como saber cando darlle a volta á filloa? Pois cando os bordes comecen a dobrarse cara arriba. Cando estea lista é mellor probala para saber que lle falta.

Orellas(doces).

INGREDIENTES:
- 200 ml de auga morna.
- 50 gr de azucre.
- 100 gr de manteiga.
- 50 ml de anís.
- 1 ovo.
- 500 gr de fariña.

PREPARACIÓN:

1- Nun bol, poñemos a auga, o sal, o azucre, o anís e a metade da manteiga derretida. Mesturamos ben, engadimos o ovo e batemos ben batido.
2- Engadimos a fariña e amasamos toda a mestura. Imos incorporando a outra metade da manteiga en anaquiños e continuamos amasando todo ata que a manteiga esrea completamente integrada e nos quede unha masa elástica.
- Deixar repousar aproximadamente 1 h.
3- Imos collendo porcións de masa do tamaño dunha noz, e coa mans embadurnadas de aceite(ó igual que o rolo e a mesa) imos extendendo a masa co rolete, deixándoa o máis fina posible e dándolle forma de orella(ou en triángulos).
4- Fritimos nunha tixola con abundante aceite a lume medio e dándolles a volta, cando vexamos que están douradiñas.
5- Poñemos sobre un plato con papel absorbente, para que solten todo o aceite sobrante, e colocámolas nnunha fonte na que as espolvoreamos ben co azucre.

Leite frito.
- 4Persoas.
- Tempo de elaboración: aproximadamente 1 h e 10 min.

INGREDIENTES:

- 1 litro de leite.
- 250gr de azucre.
- 80gr de maizena.
- 8 xemas de ovo.
- 50 gr de manteiga.
- 1 pauciño de canela.
- Fariña.

PREPARACIÓN:

1- Poñer 1/2 litro de leite a cocer xunto coa canela e o azucre.
2- Noutro cazo, botar a maizena co 1/2 litro de leite restante e remexer coidadosamente para que non aparezan grumos.
3- Engadir as xemas de ovo xa batidas. Mesturar todo ben. Este preparado engádese ó leite xa cocido, sen parar de remexer para que non se pegue. Ferver durante 5 min e retirar do lume.
4- Agregar a manteiga e extender a mestura sobre unha superficie previamente engrasada. Deixar enfriar.
5- Cando a crema estea fría, cortar en anacos e rebozar con fariña e ovo.
6- Fritir en aceite moi quente, escorrer sobre o papel absorbente e servir.

Marta López Rodríguez 1º ESO R

No hay comentarios:

Publicar un comentario