23 feb 2012

O entroido de Ribadeo

Estes son os cocos de Ribadeo, o coco
e a coca
O entroido de Ribadeo é unha festa popular. Aínda que o gran día é o martes, os demais días xa hai persoas disfrazadas con todo tipo de disfraces, e as charangas están por todas partes, coas súas cancións ruidosas e divertidas.

As carrozas acostuman ser as máis divertidas, xa que ás veces montan cada unha...!

As festas non rematan ata a queima do entroido, que se celebra o sábado posterior ás festas, ese día prescíndese das cores, deixando un montón de viúvas chorando.

En Ribadeo, o final do entroido vén marcado por un enorme boneco, chamado señor Antroido, ao cal se lle prende lume mentres as charangas e comparsas gañadoras tocan as súas cancións.

As comidas tradicionas de Ribadeo son grelos con cachelos, cachola, butelo, lacón, chourizos e outros. Para a sobremesa son comúns as rosquillas, os freixolos e as orellas.

Algo recente é a inclusión do entroido ribadense no Libro Ginness dos Récords pola queima do maior boneco  das festas.

Xunto co señor Antroido tamén se pasean os cocos (o Coco e a Coca), imaxes típicas de Ribadeo, e os cabezudos, que teñen que ver cos personaxes de contos típicos. 


Noelia Iglesias Freije 1ºR         

No hay comentarios:

Publicar un comentario