17 oct 2011

Aquí estamos!!

Ola:
Somos os de 1º de ESO, esperamos que vos guste este blog que parece que nos vai dar moito traballo, e iso que de momento só lle buscamos o título. Houbo moitas propostas e en case todas ían as palabras lingua e primeiro, por iso a profe decidiu deixalo así: Primeira lingua para que tivese máis significados.
Aquí poderedes ver recomendacións de libros, cousas que nos gustan, textos que escribimos, e moito máis!
Ah! e convidámosvos a que nos fagades algún comentario.

Pois iso, aquí estamos:

2 comentarios:

  1. Boas vindas a este océano, pescadores/as! Botade a rede e veredes cantas sardiñas hai no mar de ardora... Iso si, onde hai capitán /á, non manda mariñeiro/a!
    Noraboa á profe!

    ResponderEliminar
  2. Comezamos a singradura con todo o entusiasmo que esta xentiña nova lle pon ás cousas.Faremos por non irmos a pique.
    Obrigada polos folgos e a acollida

    ResponderEliminar