8 dic 2012

RecitandoCelsoemiliO

Para renderlle homenaxe ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro ao cumprirse o centenario do seu nacemento  a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) organiza un acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962). A actividade realizarase o día 12 do 12 ás 12h. Animádesvos??
Esta é a letra do poema:

Deitado frente ao mar
Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

5 dic 2012

Espaguetes "Estilo Milladoiro"

Ingredientes (4 persoas):
500 g. de espaguetes
4 salchichas frankfurt
500 g. salsa de tomate (pode ser salsa napolitana)
2 latas de atún (pode ser natural, con aceite...)

Preparación:
Colles unha pota, énchela de auga e deixas ferver 5ou 6 minutos, aproximadamente.
Logo metes a pasta (podes cortala á metade). Se queres que che quede "ao dente" 8 minutos a ferver e normais 10. Cando pase ese tempo pos a pasta no coador e na pota botas unha gotiña de aceite. Cortas as sachichas en rodas non moi gordas para que douren, logo vén o atún, a salsa de tomate mesturas cos espaguetes e... Feito!!!    

José Manuel Portos. 2ºESO, R
 

Pavía


A pavía e un froito carnoso de pel laranxa e aterciopelada, pexego.


Aprendin esta palabra cando estabamos na clase de galego dando os campos semánticos e as familias léxicas. A nosa profesora púxonos de exemplo de campo semántico a froita: laranxa, maza, plátano, pavía... E eu non sabía o que era unha pavia, pregunteille e quedei moi sorprendida de que pavía fora un pexego!

Carolina Gómez, 1ºESO, R