O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN
O LADRÓN DE SOÑOS
Fernando M. Cimadevila
RESUMO
Este tomo é o
primeiro dunha triloxía sobre a vida dun profesor chamado Basilius Hoffman, que
é un historiador e arqueólogo, no seu día a día; pero ten unha dobre vida como
cabaleiro dun mundo oculto e máxico no que o profesor intenta desvelar os seus
segredos.
Leva unha vida
solitaria e independente ata que chega o seu sobriño Peter á súa casa para
pasar con el as vacacións de Nadal. A partir de aquí as súas vidas únense nun
mesmo destino que os levará xuntos nunha viaxe á procura do lendario “Diario do
Cartógrafo” descubrindo cidades perdidas, sociedades secretas e misteriosas
criaturas que teñen vida no profundo da noite.
VALORACIÓN
Gustoume moito porque
trata dunha historia dun neno duns 13 anos que xunto co seu tío viven aventuras
nun mundo máxico, cheo de fantásticos seres difíciles de imaxinar.
Recomendo lelo porque
se pasa moi ben imaxinando as aventuras e os mundos nos que lles ocorren; é tan
bonito e chulo o que lles ocorre a Peter e máis o seu tío que cando rematas de
ler éntranche ganas de ler a segunda parte “Un faro na escuridade”, que é tan alucinante
coma este.
No hay comentarios:
Publicar un comentario