5 mar 2017

O GALEGO PERDE A BATALLA



O outro día na clase falamos sobre linguas minoritarias e minorizadas e puxemos de exemplo o galego que como ben nos dixo a profe é unha lingua maioritaria xa que a falan dous millóns de persoas en Galicia pero está minorizada, non ten o prestixio social que lle corresponde e ademais hai moitos prexuizos como por exemplo: sempre adoitamos pensar cando oímos a unha persoa falar galego que é dun medio rural , ou se pertence ao medio urbano significa que tende a uns ideais políticos ,e sempre asociamos o galego con persoas maiores. Un estudo que se fixo en 2001 e se volveu repetir en 2013 di que xa non hai tantas persoas que falen galego coma antes. Este estudo di:
                                                             2001                              2011

Xente que fala galego              57% da poboación             31,2% da poboación
na vida cotiá

Xente que fala galego              30% da poboación             22,3% da poboación
as veces

Xente que nuca fala                 13% da poboación             26,3% da poboación
galego

Eu persoalmente penso que estes datos non son bos; nin os de antes, nin os de agora ,porque en calquera dos dous casos non nos achegamos ao 100%,  e considero que  nunha sociedade como a de hoxe  non hai ningún impedimento para falar galego . Non sei ti, pero eu vou falar galego, a  lingua que os nosos avós e avoas loitaron por conservar.
 
                                                                               




Laura Fernández Caeiro,  3ºB


            

No hay comentarios:

Publicar un comentario