Xa hai máis de dez anos que Ulises marchou a navegar. Tantos anos parécenme poucos porque sen el ao meu lado o tempo pasa voando. Nunca estivera tan tranquila nin tan feliz. Por fin podo vivir ao meu antollo! A semana pasada fun coas miñas amigas facer paracaídismo, Vaia sensación! Todas as fins de semana vou de festa, pasamos as noites de varanda...
Agora que por fin o meu fillo marcha á universidade quero vender a casa para ir vivir a Australia que me dixeron que é moi fermosa. Espero que sexa o suficientemente lonxe para que cando chegue Ulises e non me encontre aquí tarde en atoparme, ou mellor aínda, que non o consiga! Deste xeito seguirei vivindo en completa felicidade.
Adela Cebeiro Munín 4ºA
Nós tamén navegar
ResponderEliminar