Manolito é un neno moi humilde que vive en
Carabanchel Alto. Chámanlle Gafotas polas súas lentes. É un rapaz un pouco traveso,
pero sempre fai as cousas con boa intención. Vive coa súa nai, o seu avó e o
seu irmán pequeno, “O Imbécil”. O seu pai é camioneiro e só vive con eles as
fins de semana. Os seus amigos non son moi normais, e case todos teñen alcumes,
polo que resultan moi graciosos.
Este libro relátao Luísa, unha veciña e
amiga da nai de Manolito. O alcalde de Madrid vai facerlles unha visita ao
colexio, e teñen que estar todos moi ben preparados. Resúltalles un pouco
difícil, xa que é unha clase bastante desastrosa. Para recibir ao alcalde
deciden recitar uns poemas e facer un Belén vivente con pastores e ovellas, xa
que o Nadal aproxímase. Chegou o día
e non saíu como se esperaba. Ao Orelludo saíulle un gas tóxico que fixo que a profesora, Sita,
como lle chama Manolito, tivese que rematar o poema; e as ovellas que eran os
nenos de preescolar, empezaron a chorar, de xeito que non deixaron que se
escoitase a panxoliña que tiñan preparada. Tras as actuacións o alcalde
díxolles que fora o mellor espectáculo da súa vida, porque se vía moi espontáneo
e sen moita preparación, pero que daba igual, porque a intención era o que contaba.
As súas palabras asombraron moito, pero o que non sabía o alcalde era que dedicaran
todo un mes para preparalo.
A min o libro gustoume bastante, é moi
divertido e está constantemente facéndoche graza. É doado esquecer o que
estabas lendo, porque fala coma unha Boneca Rusa, dun tema saca outro e dese
outro conta unha historia que lle fai lembrar outro tema que tamén cho relata.
Ao final cóntache unha historia principal, pero tamén moitas outras pequenas,
todas moi graciosas, coma os seus personaxes. Todo iso fai que o libro sexa
agradable de ler e nada pesado como a primeira vista poida parecer.
Patricia Lagoa Pego. 1ºR1
No hay comentarios:
Publicar un comentario