8 oct 2014

Horas, días, semanas e anos

Horas, días, semanas e anos
Xa non sei canto máis agardar,
Cada fío acompaña a unha bágoa
Ou á propia dor
De berrar ao chorar.
Ás noites destezo o tecido,
Coa ilusión de velo chegar,
Ás noites desfago o camiño
E amodo imaxino
Que xa volverá.

Mais pode que morra sen el,
Entre fíos, agullas e dor
E a esperanza que estivo comigo
Escape voando
Do meu corazón.

Aínda así seguirei tecendo
Ao agardo daquela presenza,
Quizais viva ou quizais xa morrera,
Mais eu sigo aquí
Tecendo na espera.

E volve pasar outro día
E a noite xa se ve chegar,
Toca desfacer todo o tecido,
Botar un sorriso
E volver comezar.

Mar Álvarez Rama, 4ºA

Penélope

Penélope anda pensando

no retorno de seu amor

Penélope anda tecendo...

tecendo na súa dor.

E mentres tece e destece

a ausencia faise maior:

Ve como pasan os anos

e non volve o seu amor.

Vive nunha dor constante

causada pola separación,

que cada día se fai máis grande

¡Baleiro está o seu corazón!

Só vive de ilusións,

esperanza e confianza

e soños de que a tardanza

cada día sexa menor.

Nicolás Conseil Santiago, 4ºA

Emprendemos outra viaxe



Cada curso é como unha viaxe, e en tódalas viaxes se aprende algo novo. Estes textos son pequenos coñecementos que adquirimos no comezo desta nova aventura, pequenas paradas arredor dos pensamentos de cada un.
Aquí comeza algo novo, aquí comeza a viaxe deste curso.

Nicolas Conseil, Mar Álvarez. 4ºA