8 oct 2014

Emprendemos outra viaxe



Cada curso é como unha viaxe, e en tódalas viaxes se aprende algo novo. Estes textos son pequenos coñecementos que adquirimos no comezo desta nova aventura, pequenas paradas arredor dos pensamentos de cada un.
Aquí comeza algo novo, aquí comeza a viaxe deste curso.

Nicolas Conseil, Mar Álvarez. 4ºA

25 jun 2014

A ponte a Rosalía

 
O alumnado de 3º da ESO fixemos a nosa propia interpretación dun poema de Rosalía. Algúns cantaron, outros fixeron un collage, algún debuxo, ou mesmo unha torta!! Pero, iso si! todo precioso e moi traballado.
Con isto quixemos achegarnos un pouco máis á obra de Rosalía, construíndo unha ponte entre os seus poemas e as creacións da Ponte pedriña... A ponte a Rosalía on PhotoPeach

16 jun 2014

Unha clase maxistral

O xoves pasado, 5 de xuño, na clase de 3ºA tivemos unha visita moi especial...
Despois da cara de sorpresa dos nosos compañeiros e compañeiras, Mar e mais Adela comezamos a exposición que ía tratar da "vida de antes", por iso decidimos traer connosco: a avoa de Adela!! Porque: quen mellor ca unha avoa, que xa viviu tanto e ten tantas experiencias para tratar este tema?




O traballo constaba de catro partes: a primeira trataba da escola. Como era, que se facía, que estudaban. Sorprendeunos moito que tivesen que traballar para a mestra, que tiñan un só libro, o Catón, ou que tivera que escapar da casa ás agachadas pois o pai non lle deixaba ir.
O seguinte apartado falaba do traballo: cando e como se cultivaba e as ferramentas que se utilizaban. Para ilustrar isto último trouxemos un fouciño.
Na terceira parte mostramos como eran as festas. Daquela había máis celebracións que agora, e  a máis importante era o San Xoán. Nesa noite había moitos costumes e supersticións que se seguen conservando.




Por último o tema máis delicioso: a comida! Hoxe en día temos moita variedade e abundancia, e se algo non nos gusta non temos porque comelo, pero antes non era así. E trouxemos a proba dun prato que preparou a avoa: papas de millo. Moita xente non as comera nunca...
O resto do tempo dedicámolo a comer e escoitar. As papas de millo, que tan boas estaban, foron a mellor compaña para as historias que tan sabiamente nos contaba a avoa de Adela. Un remate perfecto para unha clase perfecta!!



 Mar Álvarez e Adela Cebeiro, 3ºA