Despois da cara de sorpresa dos nosos compañeiros e compañeiras, Mar e mais Adela comezamos a exposición que ía tratar da "vida de antes", por iso decidimos traer connosco: a avoa de Adela!! Porque: quen mellor ca unha avoa, que xa viviu tanto e ten tantas experiencias para tratar este tema?
O traballo constaba de catro partes: a primeira trataba da escola. Como era, que se facía, que estudaban. Sorprendeunos moito que tivesen que traballar para a mestra, que tiñan un só libro, o Catón, ou que tivera que escapar da casa ás agachadas pois o pai non lle deixaba ir.
O seguinte apartado falaba do traballo: cando e como se cultivaba e as ferramentas que se utilizaban. Para ilustrar isto último trouxemos un fouciño.
Na terceira parte mostramos como eran as festas. Daquela había máis celebracións que agora, e a máis importante era o San Xoán. Nesa noite había moitos costumes e supersticións que se seguen conservando.
Por último o tema máis delicioso: a comida! Hoxe en día temos moita variedade e abundancia, e se algo non nos gusta non temos porque comelo, pero antes non era así. E trouxemos a proba dun prato que preparou a avoa: papas de millo. Moita xente non as comera nunca...
O resto do tempo dedicámolo a comer e escoitar. As papas de millo, que tan boas estaban, foron a mellor compaña para as historias que tan sabiamente nos contaba a avoa de Adela. Un remate perfecto para unha clase perfecta!!
Mar Álvarez e Adela Cebeiro, 3ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario