Andaba como unha tola buscando a alguén que me
axudara. Meu pai caera enfermo.
Sentado no banco do
parque estaba el, un rapaz de aproximadamente a miña idade. Achegueime e
pregunteille por un médico.
Estaba
tan alterada que hasta o debín de amedrentar, pois non dirixiu palabra en todo
o camiño.
Ao chegarmos,agradecéndolle a súa axuda, convideino a
unha sesión do circo, xa que papá me dera unhas entradas para regalar a quen
quixese.
Non esperaba a súa presenza,nin moito menos, pero debo
recoñecer que me dou moita ansia.
Ao día seguinte díxome de quedar.Aceptei, pois creo
que me gustaba, e eu a el tamén.
Dende aquela viámosnos todos os días, quedabamos no
río. Faleille de Marsella,a miña terra, e por suposto de Jules, o meu amor do
pasado.
Uns días despóis xa todo o mundo sabía que nos viamos
ás agachadas, ata seu pai se enfurruñara con el. Aínda así, nada cambiou entre
nos.
Eu estaba ensaiando o número da mañá cando oín o meu
nome ao lonxe. Corrín o toldo e era el que me chamaba, pedíame que subira ó seu
colexio. Que querería? Pois o moi tolo apostara con de quinto!.
Levoume a unha sala, unha especie de laboratorio, e
alí ensinoume todo canto había.
Eu quería sorrír pero a noticia que lle ía dar tíñame
demasiado aturdida. Costume decirllo, el
estaba tan feliz... non quería estropealo todo. Ó fin, solteillo, como unha
fría lavazada, díxenlle: Marchamos mañá.
El colleume da cintura e bicoume, pero nese intre
entrou o director. A min votáronme do colexio e a el, polo que me dixeron,
levarono castigado ao despacho do xefe de estudos e estivo sen recreo todo o
trimestre.
Parece mentira, non poder nin me despedir del.
Durante os días seguintes só pensaba nel, en min, no
noso, no que perdera para sempre e nunca máis volvería atopar.
Sara Susavila Redondo 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario