Que dicirvos deste libro? A min encantoume e
volveríao ler sen problema, xa sexa polo drama, a realidade ou o amor; ou polas
pelexas, a rivalidade e o sufrimento; nel podedes atopar temas así de
diferentes, atractivos para todo tipo de persoas.
Miguel Foz é
un rapaz vigués de 17 anos, que tras unha malleira planifica, xunto aos seus
amigos, unha pelexa para vingarse da banda do Bruto. Ao mesmo tempo o seu curmán
Abel vaise vivir con el, os pais do protagonista sepáranse e o rapaz coñece a
Reina, unha moza da que se namorará.
Todo isto fai que cambie a forma de velo todo, ata que o día do enfrontamento sucede algo inesperado que marcará un antes e un despois na súa vida.
Se estades interesados nesta historia e tedes curiosidade por saber como remata premede aquí e veredes o traballo completo que vos dará algunhas pistas:traballo

Nuria González Iglesias 3ªC
No hay comentarios:
Publicar un comentario