-obleas de masa
-queixo
-xamón cocido
-touciño entrefebrado
-allo porro
-ovo
Paso a paso:
-Por unha banda, cortamos o xamón cocido en anacos e relamos o queixo. Mesturamos ámbolos ingredientes.
-Pola outra, cortamos en anacos o allo porro e o touciño entrefebrado e fritimos nunha tixola cun pouco de aceite.
-Para montar as empanadillas: collemos unha oblea de masa e poñemos no medio unha cullerada de recheo (ou mestura do xamón cocido co queixo, ou touciño entrefebrado co allo porro). Dobramos a masa por riba do recheo ata que quede ben pechado. Pisamos cun garfo para unir a parte de arriba da masa coa de abaixo e pinchamos un pouco a parte superior da empanadilla para que non estoupe.
-As empanadillas podemos fritilas ou facelas no forno:
*Se as facemos no forno, batemos un ovo cun pouco de auga e pintámolas por riba antes de metelas nel, xa quente a 200º entre 15 ou 20 minutos (comprobamos de cando en vez para que non se nos queimen); sacamos, deixamos arrefriar, e listo!
*Se as fritimos, poñemos aceite nunha tixola, botamos as empanadillas e sacámolas a un papel de cociña para secar o exceso de aceite. Deixamos arrefriar, e listo!
Adela Cebeiro, 2ºESO R
No hay comentarios:
Publicar un comentario