17 abr 2012

Jätten Finn

Jätten Finn é unha lenda que intenta explicar a construción da catedral de Lund, unha cidade do Sur de Suecia. O cura Lourenzo era o encargado da construción da catedral. Para iso pediu axuda ao xigante Finn e este díxolle: Vale a cambio de que o día da inaguración da catedral saibas o meu nome, se non darasme os teus ollos. O xigante construiu e construiu. A catedral xa case estaba rematada e o cura estaba un pouco triste, pero ao mesmo tempo contento. Un bo día oíu alguén chorar debaixo da terra e unha voz que dicía: Non chores, mañá papá Finn traerache os ollos do cura para xogar.
Ao día seguinte a catedral xa estaba rematada e chegarón o xigante e a súa familia a buscar os ollos do cura, pero o este díxolle: xa sei o teu nome, Finn. Entón o xigante e a súa familia baixaron á cripta, suxeitaron as columnas dispotos a derribalas e de repente convertéronse en pedra.
Hoxe se baixas á cripta da catedral de Lund hai unha figuras collendo as columnas. O único que non coincide é que a máis grande é dun metro e medio.

Otto, 1ºS

No hay comentarios:

Publicar un comentario