O sábado fun ver os felos de Maceda, que son parecidos aos peliqueiros só que cambia a carauta, nos felos só hai animais que habiten a zona. As medias, nos felos son negras, e nos peliqueiros brancas, e os de Maceda levan un caxato mentres os peliqueiros de Laza un látego.
Ademais estiven en Verín, pero non puideron estar os cigarróns.
O domingo fun ao folión de Viana do Bolo, unha festa na que a xente de cada parroquia se xuntaba e marchaban pola vila cun ritmo. Despois había que ir tomar a androlla, pero o concello suspendeu o reparto e tiven que ir comela a un bar.
O luns foi o mellor día, pola mañá a farrapada de Laza, que consiste en tirarlle farrapos enlamados á xente do outro bando. Tamén había unha bañeira onde metían a xente que escapaba dos farrapos. Pola tarde estiven na fariñada en Verín, unha festa na praza da vila que consiste en embadurnarlle a cara con fariña á xente.
Esa noite fun a Oímbra, unha vila cerca de Portugal, e alí era moi divertida a festa. Os veciños abren as súas adegas e convidan a viño e comida (empanada, chourizo, bica.... Hai moitísima xente indo de adega en adega, comendo e bebendo, e a graza está en que nalgunha casa pechan a porta coa xente dentro e bótanche formigas ou auga.
Ramón Daniel, 1ºR
No hay comentarios:
Publicar un comentario