Estes son os cocos de Ribadeo, o coco e a coca |
As carrozas acostuman ser as máis divertidas, xa que ás veces montan cada unha...!
As festas non rematan ata a queima do entroido, que se celebra o sábado posterior ás festas, ese día prescíndese das cores, deixando un montón de viúvas chorando.
En Ribadeo, o final do entroido vén marcado por un enorme boneco, chamado señor Antroido, ao cal se lle prende lume mentres as charangas e comparsas gañadoras tocan as súas cancións.
As comidas tradicionas de Ribadeo son grelos con cachelos, cachola, butelo, lacón, chourizos e outros. Para a sobremesa son comúns as rosquillas, os freixolos e as orellas.
Algo recente é a inclusión do entroido ribadense no Libro Ginness dos Récords pola queima do maior boneco das festas.
Xunto co señor Antroido tamén se pasean os cocos (o Coco e a Coca), imaxes típicas de Ribadeo, e os cabezudos, que teñen que ver cos personaxes de contos típicos.
Noelia Iglesias Freije 1ºR
No hay comentarios:
Publicar un comentario